At. Arenteiro campeón de España de Medio Maratón máster con varios orensanos en el podio
Campeonato de España máster de medio maratón
Excelente campionato o vivido na tarde do sábado nos Concellos de Cariño e Ortigueira durante a disputa do Campionato de España máster de media maratón e Campionato de Galicia Absoluto.
Con unha gran participación de atletas galegos a actuación dos ourensáns viuse premiada con varias presenzas no podio. Destacar o título de Campións de España por equipos acadado polo Club Atletismo Aranteiro na categoría M35-40 gracias a actuación de José Manuel Corral, José Canda e Luis Iglesias.
O resumo de medallistas ourensáns no campionato de España foi os seguinte:
- Campións/as de España:
- Equipo do Atletismo Arenteiro na categoría M35-40
- Subcampións/as de España:
- José Manuel Corral do At. Arenteiro na M35
- Rubén Diz do Ourense Atletismo na M40
- Sonia Teijeiro do Burgas Ourense na F45
- José Manuel Fernández do ADAS na Máster 50
- Equipo do ADAS na M45-50 ( José Manuel Fernández, Manuel Enrique Esteves e José Manuel García)
- Equipo do Burgas Ourense na categoría feminina (Sonia Teijeiro, Ana Belén Losada e Vicky Losada)
- Medallas de bronce:
- José Canda do A. Arenteiro na M35
- Javier Paredes do Burgas Ourense na M40
De xeito simultaneo disputábase o Campionato de Galicia no que o atletismo ourensano acadaría os seguintes títulos:
- Máster 40. Rubén Diz do Ourense Atletismo
- Máster 45. Sonia Teijeiro do Burgas Ourense
- Máster 50. José Manuel Fernández do ADAS Proinor
- Máster 65. Gonzalo Alberto Vázquez do Esprintes Ourense
Fuente: Federación Gallega de Atletismo