Atletismo Destacado Es noticia 

ADAS e Ourense no podio da Copa de Clubs Master en Expourense

Os equipos ourensáns protagonistas na segunda xornada de competición na Pista Cuberta de Expourense

I Copa de Clubs Master Indoor

A Pista Cuberta Expourense acolleu a I Copa de Clubs Master Indoor. Coa presenza dos mellores clubes de Galicia do atletismo master (maiores de 35 anos) a competición prolongouse durante o tarde do sábado deixando vibrantes momentos que lle dan a esta competición un carácter especial.

Entre a representación ourensán foi brilou con luz propia o ADAS Proinor que acadaba o título na categoría masculina e levaba o bronxe na femenina. Pola súa banda o Ourense Academa Postal chegaba ata o terceiro peldaño que se otorgaba a medalla de bronce.

No capítulo de marcas cabe salientar os dous novos records galegos establecidos por Luz Mª Domínguez en 400 F55 e Domingo Álvarez en 800 M60, atletas do Burgas Atletismo que competiron nas filas do ADAS fruto do acuerdo de asociación entre ambos clubes.

Clasificación femenina

Ptos.
1. Atmo. Samertolameu 51
2. Atletica a Silva 44
3. ADAS Proinor 40
4. Club Atletismo Sada 40
5. C.A. Millaraio 23

Clasificación masculina

Ptos.
1. ADAS Proinor 55
2. C.A. Santiago 50
3. Ourense Atletismo 48
4. Atletica a Silva 41
5. Marineda Atletico 40
6. Club Atletismo Sada 37

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario