Guillelme Brown 2017 - Foto David MartinezAtletismo Destacado Es noticia 

ADAS e Ourense en busca de protagonismo no campo a través galego

As dúas escuadras ourensáns acuden con potentes equipos ó Galego de Cros Curto por clubes

XXII Memorial Alejandro Lorenzo- Campionato Galicia de Menores

Campionato de Galicia sub-16 e sub-18

Campionato de Galicia de Cros Curto por Clubs

Noticia: FGA

Esta fin de semana o Concello de A Rúa convertirase no epicentro de toda a actividadade de campo a través da nosa comunidade.

XXII Memorial Alejandro Lorenzo- Campionato Galicia de Menores

Nada menos que tres importantes citas serán as que no complexo de O Aguillón se desenvolvan neste domingo dia 28 de xaneiro. Para comezar as 10:30 horas darán comezo o XXII Memorial Alejandro Lorenzo- Campionato Galicia de Menores na que tomarán parte atletas das categorías sub-10 ata a sub-14 e que sobre distancias de que van dende os 800 m. ata os 2.500 m. terán competindo a un total de 426 atletas ata as 11:45 horas.

Campionato de Galicia sub-16 e sub-18

Logo do remate desta importante primeiro evento, continuarase presenciando un bo espectáculo da man dos atletas que tomarán parte no Campionato de Galicia sub-16 e sub-18 na modalidade tanto individual como por equipos.

Campionato de Galicia de Cros Curto por Clubs

Por último sobre as 13:30 h. veremos o prato forte da xornada ca disputa do Campionato de Galicia de Cros Curto por Clubs  e na que tanto a Sociedad Gimnástica, na categoría masculina, como o ADAS-Proinor na categoría feminina, defenden o título acadado o ano pasado. Xunto eles o Ourense Atletismo pelexará subir ó mais alto do podio.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario