San-Martiño-2019Atletismo Destacado Es noticia 

A San Martiño volve o 17 de novembro coa súa 43ª edición

XLIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño

A Carreira Pedestre Popular do San Martiño chega á súa edición número 43, que percorrerá as rúas da cidade o domingo, 17 de novembro. Esta mañá no salón de plenos do Concello tivo lugar a presentación da emblemática proba, decana e referente entre todas as carreiras populares que se desenvolven en Galicia. A San Martiño é a “verdadeira festa do deporte na cidade”, como manifestou o concelleiro de Deportes, Mario Guede, quen lembrou que o pasado ano 2018 a proba sumou máis de 11.000 participantes nas diferentes categorías, cunha porcentaxe de mulleres superior ao habitual neste tipo de carreiras (37%) e máis de 5.000 escolares.

Na presentación tamén participaron a directora técnica, Marta Míguez, o xerente do Consello Municipal de Deportes (entidade organizadora), Mario González, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Lalo Gómez,a responsable provincial de Caixabank (patrocinador principal) Begoña Abraldes, o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, e o asesor de Proxectos Estratéxicos da Deputación de Ourense, Bernardino González.

O prazo de inscrición na proba está aberto até o día 10 de novembno a través da páxina web www.deportesourense.com A cota para a categoría absoluta é 7 euros. Para os colexios, as inscricións de grupos de escolares está aberta até o día 2 de novembro.

A carreira absoluta mantén o percorrido de anos anteriores de 10.000 metros, con saída da Ponte do Milenio e remate en Pardo de Cela. A saída será ás 11.00 h. Ás 12.30 será a saída na categoría escolar, ás 13.20 a da cativada, e ás 13.30 a proba inclusiva. A San Martiño está organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia, e o patrocinio de Caixabank, Coca Cola, Turini, Gadis, Pérez Rumbao e Grupo La Región.

Toda a información está dispoñible na web https://sanmartino.ccnorte.es/

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.