Atletismo Destacado Es noticia 

A San Martiño obrigará a pechar ao tráfico diferentes vías da cidade na maña do domingo

A San Martiño obrigará, este domingo, a pechar ao tráfico diferentes vías da cidade polas que discorra a carreira

  • De 7:00 a 14:15 horas do día 18 estará pechada a glorieta de Nexus VI cos seus accesos, e desde as 10:30 horas pecharase o resto do circuíto.

  • O tráfico da Avda. de Marín desviarase cara á estrada de Oira ou polo barrio do Peliquín. A Policía Local recomenda itinerarios alternativos.

 

A XLII carreira pedestre popular do San Martiño, que se celebra este domingo 18 de novembro, obrigará a realizar cortes de tráfico nas rúas do seu percorrido e próximas a el. Así, a Glorieta de Nexus VI, pecharase desde as 7:00 horas para acoller a saída e os preparativos da mesma. Igualmente, pecharanse as rúas Pardo de Cela e a Ponte do Milenio. O resto do circuíto pecharase ás 10:15 horas. Segundo as previsións da organización, pasadas as 14:00 horas irase recuperando a normalidade en todas as rúas de Ourense.

A Policía Local recomenda non circular nin acceder ao circuíto momentos antes dos horarios previstos para o corte de tráfico e, de ser necesario facelo, ter en conta as seguintes modificacións: a circulación procedente de Alfredo Brañas -estrada de Oira- desviarase polo barrio do Peliquín. Igualmente, o tráfico da Avenida de Marín desviarase cara á rúa Alfredo Brañas.

Desde o 092 recoméndase empregar itinerarios alternativos: para cruzar o río Miño, facelo por Oira ou pola Ponte Novísima; no caso de dirixirse cara a zona Sur-Oeste, a mellor opción é facelo polo Polvorín, rúa Manuel Murguía e a Farixa; mentres que para a zona Sur – Leste, a mellor alternativa é atravesar o barrio de San Francisco e a rúa Nosa Señora da Saínza.

Dispositivo Trafico San Martiño 2018 (Facebook CMDOurense)

Percorridos. Ás 11:00 horas darase a saída na categoría Absoluta desde a rúa Pardo de Cela. A carreira atravesará a Ponte do Milenio e percorrerá, por esta orde, as seguintes rúas: Xesús Pousa, Avenida das Caldas, a Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Doutor Fléming, Ervedelo, a Avenida de Portugal, Marcelo Macías e a Avenida de Zamora, onde haberá un avituallamento. Desde alí subirá por Bonhome e adentrarase na zona vella por Colón, Lamas Carvajal e Paseo. Desde alí a Cardenal Quevedo, Avenida Castelao, Otero Pedrayo e Ponte Nova. Xa do outro lado do río, Vicente Risco, Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, Ponte Vella e meta, fronte aos Remedios.

A ruta escolar, con saída ás 12:30 horas desde Pardo de Cela, irá cara á Ponte e atravesará as rúas Basilio Álvarez, Avda. das Caldas e Ponte Vella cara ao Progreso, torcerá pola Avda. de Pontevedra, onde haberá un avituallamento, e dirixirase por Lamas Carvajal e o Paseo cara a Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de Canedo e Ponte Vella, antes da chegada á meta.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.