San Martiño 2018Atletismo Destacado Es noticia 

A San Martiño 2018 bota andar coa apertura das inscricións

XLII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO – 18.Novembro.2018

A carreira pedestre popular San Martiño 2018 bota a andar coa apertura do prazo de inscrición para a próxima edición que terá lugar o día 18 de novembro. A emblemática proba ourensán chegará a súa edición número 42 no presente ano 2018. Como ven sendo habitual a saída na súa categoría absoluta será ás 11horas na Ponte do Milenio para percorrer unha ruta pola cidade de 10 quilómetros que rematará no Pavillón dos Remedios.

As persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe ate o día 11 de novembro. O prezo será 5 euros para quen o faga antes do día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o día 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com e a web www.championchipnorte.com.  O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018

Carreira inclusiva

Como principal novidade desta edición número 42 está a incorporación dunha carreira, a Carreira Inclusiva, cunha distancia de 1.400 metros, para nenos e nenas de categoría benxamín (que naceran nos anos 2012 e posteriores), e persoas con diversidade funcional, que poderán ser acompañadas doutra persoa responsable. As restantes probas serán nas categorías de persoas adultas, escolares (que naceran entre 2007 e 2002, percorrendo 4,7 km) e cativos/as (entre 2008 e 2011), que percorrerán 1,4 km)

A recollida de dorsais-chips e camisetas será o venres 16 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 17 de 10h a 14h e de 16h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebrará a feira Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).

 

San Martiño 2018

ADULTOS

  • prazo de inscrición é desde o 10 de outubro ata o 11 de novembro de 2018. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
  • O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018
  • INSCRICIÓN: Prema na seguinte ligazón https://goo.gl/bNcz9w

cuota de inscrición será de 5€ desde 10 outubro ao 28 de outubro de 2018 e de 7€ desde o 29 ao 11 de novembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

 

MENORES

  • A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
  • O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018.
  • INSCRICIÓN: Prema na seguinte ligazón https://goo.gl/bNcz9w

 

RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS

  • A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 16 de novembro de 16:00h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
  • Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • Non se entregarán dorsais o día da carreira.
  • recollida anticipada de dorsais-chips (para os inscritos ata o 3 de novembro de 2018) será os días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.