Atletismo Destacado Es noticia 

A Carreira de A Carballeira (domingo, 21 de outubro) adianta a saída para as 11:00

VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense

A vindeira cita co VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense, que terá lugar no barrio de A Carballeira o 21 de outubro adiantará o seu horario ás 11:00 horas do mesmo xeito que se fixera nas probas anteriores da Universidade e A Ponte.

De este xeito, a proba organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11:00 horas para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011 e inscritos na categoría de Pitufos, que percorrerán unha distancia de cen metros.

Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008).

Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 (2005/2006) e Cadete Sub 18 (2003/2004)

Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas na carreira absoluta.

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.