Atletismo Destacado Es noticia 

A Carreira da Universidade adiantará a hora da saída a proposta dos participantes

VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense

A vindeira proba de Correndo por Ourense, na zona da Universidade o 9 de setembro, adianta o seu horario ás 11:00 horas ante a posibilidade de altas temperaturas   

  • A organización tomou en conta as suxestións dos atletas para evitar que a calor poida afectar as persoas inscritas.
  • A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, é a primeira tras o parón estival.

A vindeira cita co VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense, que terá lugar na zona da Universidade o 9 de setembro adiantará o seu horario ás 11,00 horas atendendo ás suxestións aportadas polos atletas ante a posibilidade de que poidan producirse altas temperaturas e para evitar que éstas poidan as persoas inscritas.

De este xeito, a proba organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11:00 horas para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011 e inscritos na categoría de Pitufos, que percorrerán unha distancia de cen metros.

Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008), que correrán por un circuíto de 1.000 metros.

Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 ((2005/2006) e Cadete Sub 18 ((2003/2004), que farán un percorrido de 3.200 metros.

Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas. Na categoría Xuvenil Sub18 (2001/2002) terán que cubrir unha distancia  de 6.400 metros. O resto de categorías (Júnior, Promesa, Sénior e Máster) percorrerán dúas veces o circuíto que atravesa diferentes rúas na zona Universitaria.

Tras a proba pola zona universitaria, as dúas últimas probas do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense  serán no barrio de A Ponte, o 30 de setembro e na Carballeira, o 21 de outubro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.