Atletismo Destacado Es noticia 

11ª andaina de Armariz: deporte e solidariedade entre carballeiras e soutos centenarios

11ª andaina de Armariz

Un ano máis a tradicional andaina de Armariz será unha proba deportiva de referencia e tamén de solidariedade, dedicada este ano a axudar á Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU), colectivo ao que irá destinada a metade da recadación deste evento. Será o sábado 3 de agosto, ás 9.30 horas, no souto de San Ramón, e segundo os organizadores agárdase que preto de 200 deportistas se dean cita nesta proba atlética, coa que colabora a Deputación de Ourense, “que une deporte, solidariedade e concienciación social”, destacou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, na presentación, hoxe, no Pazo Provincial, desta andaina que chega á súa 11ª edición.

Xunto a Rosendo Fernández participaron na presentación os concelleiros de Nogueira de Ramuín Raúl Soto e Álex Arias; a presidenta da Asociación de Fibromialxia, Marina Añel, e o presidente da asociación de veciños San Ramón de Armariz, David González. A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros e discorrerá por soutos centenarios e carballeiras e cruzará o río Loña, un evento ao cal o concelleiro Raúl Soto convida a participar e agradece a implicación e labor da asociación de veciños para a organización desta proba. O custe da inscrición é de 5 euros, e pode realizarse nos locais da AVV de Armariz, na Oficina de Turismo en Luíntra, na sede AFFOU, ou a través dos teléfonos 666 147 477 ou 620 620 783.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.