Xadrez Ourense Campeones.De.Copa.Galicia 2018Artes Marciales Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense revalida o título de campión da Copa Galicia de Clubs Sub16

Xadrez Ourense impuxo a súa condición de favorito e conquistou a Copa no Sporting Club da cidade Herculina

Club Xadrez Ourense Sub16, Campeón da Copa Galicia de Clubs en A Coruña

O pasado Sábado día 26 de Maio tivo lugar no Sporting Club Casino da Coruña a Copa Galicia de Clubs en categoría cadete (Sub-16).

Triunfo final para o conxunto ourensán formado por Martín Gómez (actual bronce nacional), Mateo Díaz, Marcos Vázquez, Xacobe Conde (actual prata nacional) e Adrián Vázquez Velasco, que foi quén de defender a súa condición de nº 1 de ránking entre as 6 potentes escuadras participantes da diferente xeografía Galega.

Xadrez Ourense Campeones.De.Copa.Galicia 2018

Pese ao apretado do marcador final o coeficiente de desempate favoreceu aos ourensáns ante outro pontente conxunto, o McDonalds de Vilgarcía.

Con este triunfo o Xadrez Ourense Cadete renova o título conquistado en 2017, tamén en terras Herculinas.

Hai que ter en conta que todos os componentes deste xoven equipo ainda manterán na vindeira tempada 2019 a condición de xogadores cadetes, o que fai pronosticar moitas posibilidades de aspirar ao máximo en vindeiras edicións con esta excelente xeneración.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.