Artes Marciales Destacado Es noticia 

Wushu de élite en Ourense con el Trofeo Intercional y la exhibición la selección China

XVII TROFEO INTERNACIONAL WUSHU CIDADE DE OURENSE.

O Campionato Internacional, celebrarase o 30 de xuño e 1 de Xullo no Pavillón Municipal dos Remedios, coa participación de varios países como: China, Portugal, Andorra, Rumania, Colombia e 12 comunidades autonómicas.

A organización deste Campionato correrá a cargo do Departamento de Wushu da F. G. Judo e D A.

EXHIBICIÓN DO EQUIPO DE CHINA

Ás 17.00 h. do sábado 30, na inauguración do Campionato Internacional, a selección China realizará unha espectacular exhibición de Wushu.

Ás 17,30 h. comezará a competición da tarde, onde o equipo de Hebei tamén participará.

ACTUACION NO AUDITORIO DE OURENSE

Para que este equipo poida mostrar toda a espectacularidade do seu traballo, que é similar á do circo chinés, realizarán un espectáculo de Wushu acrobático e Taichi, no Auditorio de Ourense, o domingo 1 xullo ás 19.00 horas.

TALLERES DE WUSHU

De día 2 ao 6 realizarase un curso de tecnificación de Wushu no Anexo do Pavillón dos Remedios, no que o equipo de Hebei e os seus profesores impartirán os seus coñecementos en diferentes talleres de traballo con deportistas de base, nas distintas categorías e cos deportistas de alto nivel de Galicia e doutras partes de España que nos visitarán.

Noticias relacionadas