Artes Marciales Destacado Es noticia 

V Campionato de Haidong Gumdo (Espada Coreana) en Os Remedios

V Campionato de Haidong Gumdo

O Haidong Gumdo, arte marcial coreano da espada, foi introducido no ano 2000 en Europa, sendo o seu fundador en España e un dos pioneiros da súa difusión europea o Gran Mestre Lee Dong Kyu de Ourense.

Este ano, con motivo dos 18 anos dende a súa fundación no noso país, celebrarase o V Campionato de España de Haidong Gumdo na cidade do seu fundador. Nestes 18 anos de difusión o Haidong Gumdo español ten colleitado numerosos éxitos en campionatos internacionais, contando con varios campións do mundo e europeos, que participarán neste campionato.

O campeonato desenvolverase o próximo 24 de novembro entre as 12 e 20 hs no pavillón dos Remedios de Ourense. Participarán en total máis de 100 persoas, contando delegados territoriais, árbitros e 90 competidores procedentes de toda España, desplazándose para a ocasión principalmente dende Asturias, Andalucía, Cataluña, Illas Baleares, Valencia, etc.

As disciplinas nas que se compiten son: pola mañá, corte de papel e apagado de velas; e pola tarde: combate libre, combate preparado, táboas de formas individual e en grupo, e corte de bambú, sendo as máis espectaculares estas últimas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.