Taichi-Pereiro-ArtaiActividades Artes Marciales Es noticia 

Taichi en Cachamuiña

Concello do Pereiro de Aguiar

O concello do Pereiro de Aguiar organiza durante o mes de xullo, martes e xoves ás 08.30h., un curso de iniciación ó Taichi na inmellorable localización do encoro de Cachamuiña. O concello, en colaboración co clube de artes marcíais Artai de Ourense e a federación galega de Kungfu deseñaron un programa de iniciación de nove clases para que todos os veciños interesados podan facer unha aproximación a esta milenaria disciplina de deporte e saude.

As clases están dirixidas polo mestre D. Aarón Blanco, director do clube Artai e director do departamento de Kungfu moderno da federación galega. O mestre manifesta o seu agradecemento ao concello pola iniciativa:

“Levamos moitos anos facendo promoción do Taichi na rúa, e sempre nos da pulo o apoio dos concellos para promocionar o binomio deporte/saude.

Nos anos anteriores estivemos en distintas ubicacións do concello de Ourense: no Vinteún, no parque do Barbaña, no Xardín do Posio, en Aviles de Taramancos… pero o encoro de Cachamuiña é sen dubida o lugar ideal para encher o corpo de enerxía por medio do Taichi”

Esta semana levanse apuntado cerca de 25 alumnos, as inscripcións fanse directamente na bibioteca pública do concello ou no telef. 988259839. Mais info en www.concellopereiro.com

O concello do Pereiro de Aguiar é un dos concellos punteiros na promoción do deporte. Exemplo de esto son as suas escolas deportivas e as actividades físico deportivas que ofrecen durante todo o ano.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.