Espada CoreanaArtes Marciales Destacado Es noticia 

Os Remedios acollerá este sábado o Campionato de España de Espada Coreana

O Pavillón dos Remedios acollerá este sábado o V Campionato de España de Espada Coreana

  • Preto dun cento de deportistas competirán, entre as 10,00 e as 20,00 horas nas disciplinas de apagado de vela, corte de papel, formas, combate e corte de caña de bambú
  • “A nosa cidade nunca estivo máis viva que agora a nivel deportivo. Nunca se celebraron tantos campionatos nacionais como nos últimos tres anos, o que demostra o gran esforzo e o traballo ben feito polo persoal do Consello Municipal de Deportes” dixo o alcalde Jesús Vázquez
Espada Coreana
Pierre-Yves Beaudouin / Wikimedia Commons / CC BY-SA 4.0

O Pavillón dos Remedios acollerá este sábado, 24 de novembro, o V Campionato de España de Espada Coreana, que contará coa participación de preto dun cento de deportistas. Trátase da quinta cita a nivel nacional que acolle a nosa cidade no que vai de ano, tal e como recordou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez durante a presentación deste evento deportivo.

“A nosa cidade nunca estivo máis viva que agora a nivel deportivo. Nunca se celebraron tantos campionatos nacionais como nos últimos tres anos, o que demostra o gran esforzo e o traballo ben feito polo persoal do Consello Municipal de Deportes” dixo o Jesús Vázquez. Nesta liña, recordou que “o vindeiro mes de marzo Ourense acollerá o Campionato de España de Pista Cuberta, nas instalacións de Expourense, o que confirma a satisfacción polo noso ben facer e polas nosas instalacións”.

A presentación desta proba contou coa presenza do Gran Mestre Lee Dong Kyu, residente na nosa cidade desde vai 40 anos e impulsor desta disciplina deportiva no noso país nos últimos 18 anos, nos que ten formado a deportistas que se teñen imposto en campionatos internacionais. Tamén participaron os deportistas Saúl Servia e os irmáns Cástor e Félix Castro, que ofreceron unha demostración ao final do acto.

O Campionato terá lugar na pista central dos Remedios a partir das 12,00 horas. Antes, entre 10,00 e 11,30 horas haberá un cursiño técnico para todos os participantes a cargo do Gran Mestre Lee Dong Kyu.

Entre as 12,00 e as 14,00 horas será a competición nas disciplinas de apagado de vela e corte de papel. A partir das 16,00 horas terán lugar as especialidades máis técnicas: formas individuais, combate e corte de caña. A entrada a competición será libre.

O Gran Mestre Lee mostrou a súa “emoción e satisfacción” pola celebración do quinto campionato nacional “na miña cidade” e por ver como comeza a “recolleitar os esforzos de anos de traballo en toda España”.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.