Lucas HuertasArtes Marciales Destacado Es noticia 

Lucas Huertas, campeón de España de Kickboxing, recibido en el Pazo Provincial

Manuel Baltar recibe a Lucas Huertas Novo, campión galego e de España infantil de Kickboxing

O presidente en funcións da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao deportista ourensán Lucas Huertas Novo, de 9 anos de idade, quen vén de proclamarse campión galego e de España infantil de Kickboxing, nas categorías de lightcontact e kicklight, de menos de 33 quilos.

Lucas Huertas
Recepción Manuel Baltar (Presidente en funcións da Deputación de Ourense) a Lucas Huertas (Campión de España de Kick Boxing), Raquel Novo (Nai de Lucas) e Bernardino González (Asesor de deportes da Deputación).

No acto de recepción, no que tamén participou o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e a nai do deportista, o presidente do goberno provincial felicitou a Lucas Huertas Novo polos éxitos acadados e polo traballo realizado nesta modalidade deportiva e animouno a continuar pola senda da práctica do deporte, unha disciplina que reúne como poucas os valores do esforzo, sacrificio e planificación.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.