Artes Marciales Destacado Es noticia 

El Campeonato Gallego de Kickboxing reunirá a 232 deportistas en Expourense

A Deputación de Ourense colabora con este evento que se celebrará os días 6 e 7 de abril no recinto ferial de Expourense.

O Campionato Galego de Kickboxing 2019 reunirá a 232 deportistas en Ourense

O Campionato Galego de Kickboxing 2019, na especialidade de Tatami Sports, que se celebrará os días 6 e 7 de abril no recinto ferial de Expourense, reunirá a 232 deportistas de idades comprendidas entre os 8 e os 40 anos, procedentes de 31 clubs de Galicia, dos cales doce corresponden á provincia de Ourense, nove da Coruña, tres de Lugo e sete de Pontevedra, sendo a provincia de Ourense a que conta con máis clubs participantes.

 CAMPEONATO GALEGO TATAMI SPORT 6-ABRIL-2019

A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a presidenta da Federación Galega de Kickboxing, Josefina González; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; e o deportista Rubén Batán.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que será clasificatorio para o Campionato de España da mesma especialidade e que se celebrará en Guadalaxara do 9 ao 12 de maio. O vicepresidente do goberno provincial destacou “a completa e variada axenda deportiva da nosa provincia, con numerosos eventos que, ademais de ser un pulo importante para o deporte, contribúen a dinamizar o noso territorio e a mostrar aos que nos visitan, os atractivos turísticos, culturais, termais e patrimoniais que ofrece Ourense”.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes de Ourense dixo que se trata “dunha magnífica oportunidade para tódolos amantes desta disciplina deportiva que está moi integrada na nosa cidade”. A inauguración do evento será o día 6, ás 9.45 horas, e desfilarán tódolos equipos cos seus integrantes, mentres a Real Banda de Gaitas da Deputación interpreta o Himno de Galicia. Pola súa parte, a entrega de medallas terá lugar o día 7, ás 13.00 horas.

Campeonato Galego Tatami Sport – Kickboxing

Noticias relacionadas