Aaron Blanco nomeamentoArtes Marciales Destacado Es noticia 

Aarón Blanco nomeado vicepresidente da Federación Galega de Kungfu

A Federación Galega de Kungfu con acento ourensano

O pasado fin de semana na Asamblea Xeral da Federación Galega de Kungfu ratificouse o nomeamento de D. Aarón Blanco Pita como novo vicepresidente de dita federación.

O señor Blanco é un coñecido empresario e xestor deportivo da capital de Ourense. É propietario dos centros deportivos Artai e director técnico dos clubes EDA e Wushu Kungfu Club Ourense, así coma director do departamento de Kungfu Moderno da citada federación galega.
O novo vicepresidente do kungfu galego ostenta a máxima titulación nacional como docente en Kungfu e tamén noutras especialidades de artes marciais coma Kickboxing, Wushu, Defensa persoal policial e Sambo. Tamén posúe o 5º dan de Kungfu, 3º dan de Kickboxing, 3º dan de Wushu, 2º dan de Defensa Persoal Policial e 2º dan de Sambo Combat.

Aaron Blanco nomeamento

Segundo as súas palabras: “Asumo iste cargo con animo e responsabilidade. Intentarei aportar o meu grao de area para que o Kungfu sexa recoñecido a nivel social coma merece. Temos unha federación forte e consolidada, agora temos que facer que o noso deporte destaque coma un apoio na formación de persoas mais sanas física e mentalmente”.

A Federación Galega de Kungfu ten actualmente cerca de 4000 federados e mais de 30 clubes repartidos por toda a xeografía galega. As súas especialidades abarcan o kungfu tradicional, kungfu moderno, defensa persoal feminina, taichi e qigong.

Noticias relacionadas