Ajedrez Destacado Es noticia 

Xornada positiva para os equipos ourensáns na División de Honra de xadrez

Xornada positiva para os equipos ourensáns na División de Honra

Club Xadrez Ourense vence e sitúase no 2º posto en solitario, e o Xadrez Verín recupera terreo

A sexta xornada da Liga Galega de clubs na División de Honra, deparou positivos resultados para os dous conxuntos ourensáns en competición.

O Club Deportivo Xadrez Ourense recibía no seu feudo a un sempre incómodo Campus de Lugo, reforzado para esta xornada con ata tres extranxeiros, non obstante os Ourensáns impuxeron a súa condición de favoritos e lograron vencer o match por un 3.5 a 2.5, resultado que incluso se antoxaba curto para o que se pudo ver sobre os taboleiros nas máis de 4 horas de competición. André Ventura, David Gómez e Yudania Hernández obtiñan as victorias locais, e Adrián Gómez sumaba un empate final, nunha partida na que levou a batuta durante horas. Con este resultado Club Xadrez Ourense sitúase no 2º posto en solitario, a 2 puntos do líder, o Universidade de Vigo.

Pola súa parte o Club Xadrez Verín acadaba un valioso empate (3-3) ante o potente Fontecarmoa de Vilagarcía, nun encontro no que puntuaron para os verinenses David Lariño, Stanley Martínez e Luis Galego. Os últimos reforzos do Xadrez Verín fan prever un final de liga moi emocionante no que os Verinenses deben xogar as súas bazas e con elas manter serias opcións de salvar a categoría.

Xa dentro da primeira División autonómica, hai que salientar a victoria a domicilio do Liceo en Nigrán (1-3), que serve para que os liceístas manteñan a súa posición de ascenso. Pola súa parte o Universitario de Ourense o Xadrez Marín repartían puntos (2-2), mentres que o Xadrez Ourense C e Alekhine de Vigo asinaban idéntico resultado (2-2). Pola súa parte o Benchoshey Sénior tamén acadava un valioso empate na súa visita a Bueu (2-2) e o Xadrez Ourense B, complica as súas opción de permanencia tras caer no seu feudo por 1 a 3 ante o Ence Pontevedrés.

Na Segunda División, e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes:

Monforte vs. Xadrez Valdeorras (1-3),  Xadrez Ourense “E” vs. Lalín (1.5-2.5),  Ateneo de Ourense vs. Celanova (1 – 3), Universidad de Ourense vs. A.P. de Bande (2.5-1.5), Chantada B vs. Benchoshey Fischer (4-0).

Na Terceira División, e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes:

Celanova B vs. Benchoshey Kaspárov (0 – 4),  Xadrez Ourense “D” vs. Verín “C” (1 – 3),  Liceo Academia Postal “B”  vs. Chantada C (4-0), Universidad de Ourense C vs. Xadrez Verín B (2.5 – 1.5)

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.