Xadrez.Ourense.A.Ajedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Rianxo planta cara ao Xadrez Ourense que non pasa do empate

Liga galega de clubs 2019

  • Frenazo do Club Xadrez Ourense “A” ao non pasar do empate en Rianxo (3-3)
  • O Xadrez Verín “A”, segue sumando puntos, pese a caer na súa visita a Tui (4-2)

O sábado 9 de febreiro tivo lugar a terceira xornada da liga galega de clubs 2019, competición que se alongará ata finais de Abril, e na que toman parte numerosos equipos pertencentes aos diferentes clubs ourensans, nas súas diferentes categorías.

Dentro da máxima categoría, a División de Honra, na que compiten as 12 mellores escuadras do panorama autonómico, destacaban, nesta pasada xornada, as respectivas visitas dos conxuntos ourensans a Rianxo e Tui.

Xadrez.Ourense.A.

O ata entonces co-lider, o Xadrez Ourense “A”, visitaba terras do barbanza para medirse ao Xadrez Rianxo, os locais fixéronse fortes no seu feudo e arrancaron un valioso empate aos ourensans, O Xadrez Ourense, tras este marcador sitúase agora a medio punto do actual líder, Universidade de Santiago. André ventura e David Gómez, con sendas victorias e Adrián e Martín Gómez con respectivos empates, sumaban os 3 puntos visitantes dos 6 taboleiros en litixio.

Pola sua parte o Club Xadrez Verin visitaba a difícil “cancha” dun clásico do panorama autonómico, o Xadrez Galego de Tui, os de monterrei, malia sair derrotados, sumaban 2 novos ante os tudenses. Os puntos verinenses chegaban de mans de David Lariño e Carlos Francisco, con sendos empates, e de Oscar Martínez, que lograba a victoria no seu taboleiro.

Xa dentro da Primeira Division autonómica (grupo sur), o Liceo Academia Postal instálase en posto de ascenso tras a sua victoria por 4-0 ante o xovencísimo conxunto do filial “C”, do Xadrez Ourense (que alineaba unha escuadra cunha media de idade de 15 anos, feito sin precedentes na 1ª división autonómica). Pola sua parte o Xadrez Ourense “B” tamén goleaba na sua visita a Vigo e superaba ao Bouzas por un contundente 0-4. O ascendido Benchoshey Senior cedía no seu feudo ante o Marcote de Mondariz por 1 a 3, mentres que Universitario de Ourense caía pola mínima ante o Marín, 2-5 a 1.5.

Xa dentro da Segunda División (Grupo F) e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes: Valdeorras vs. Xadrez Ourenses “E” (2-2), Xadrez Mos vs. A.P. de Bande (2-2), Ateneo de Ourense vs. Chantada B (3-1), Benchoshey Fischer vs. Xadrez Forte (2-2), Xadrez Celanova “A” vs. Xadrez Tui “B” (2-2), Lalín vs. Universitario de Ourense “B” (2-2).

Dentro da Terceira División (Grupo H) cabe destacar os seguintes resultados con equipos ourensáns de por medio: Benchoshey Kaspárov vs. Xadrez Verín “B” (4-0), Benchoshey Lasker vs. Valdeorras “B” (4-0), Chantada “C” vs. Celanova “B” (1-3), Verín “C” vs. Universitario de Ourense “C” (4-0).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.