Iván Salgado en Tui 28.4.18Ajedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense subcampionato de Liga, e clasificación para o Nacional de Clubs en Linares

  • Os ourensáns, capitaneados por Iván Salgado, “asaltaron” o náutico de Tui e “golearon” 0-6 ao Xadrez Galego
  • Descenso do Liceo Academia Postal á categoría de Prata

Liga Galega de Clubs de Xadrez

O sábado 28 de Abril disputouse a 11ª e derradeira xornada da Liga Galega de clubs en todas as súas categorías, dunha competición que moviliza a máis de 1000 xadrecistas pertencentes a máis de 200 equipos cada sábado, desde o pasado Xaneiro.

División de Honra

Dentro da máxima categoría, a División de Honra, a noticia máis relevante foi a “goleada” a domicilio do Club Deportivo Xadrez Ourense en Tui ante o Xadrez Galego por un rotundo 0-6 que non deixaba lugar a dúbidas, e prácticamente aforraba aos ourensáns á espera de coñecer outros resultados de conxuntos da parte alta da táboa para rubricar a súa clasificación para o Nacional de Clubs.

Iván Salgado en Tui 28.4.18

Con este resultado os ourensáns rematan subcampeóns de Liga en solitario, únicamente por detrás do Universidade de Santiago, xusto vencedor da edición 2018, e acudirán, capitaneados por o actual campeón de España Individual, o G.M. Iván Salgado, ao nacional de Clubs que terá lugar o vindeiro Agosto na xienense localidade de Linares.

As 6 victorias ourensanas obtidas en Tui viñeron de mans de Iván Salgado (que con pezas negras superaba con folgura ao Mestre Internacional Rafael Rodríguez), Zenón Franco, Luis Silva, os irmáns David e Adrián Gómez e Yudania Hernández.

Tras este remate de liga, Iván xa partía na mesma madrugada do sábado hacia terras Bulgaras, onde ten fixada a súa residencia habitual.

Pola súa parte o Liceo Academia Postal, cedía novamente, esta vez no seu feudo ante o Xadrez Rianxo por 1.5 a 4.5, resultado co que se consumaba o seu descenso á categoría de prata, ao rematar os Liceístas no 11º posto dos 12 equipos participantes na máxima categoría. Os puntos liceístas viñan de mans de Arián Gónzalez que vencía na súa partida e de Carlos Negreira que obtivo táboas.

Primeira división

Na primeira división, hai que salientar o excelente papel realizado por os 4 conxuntos ourensáns que finalmente remataron na zona cómoda da táboa, en especial o papel do Club “debutante” na categoría, o Xadrez Verín que conquistaba finalmente o subcampeonato de Liga nunha xeira 2018 na que o obxectivo principal dos de Monterrei era manterse, meta que conseguiron con sobresaínte.

Así, nesta derradeira xornada o Xadrez Verín superaba ao Universitario de Ourense, no derbi provincial, por 3 – 1, mentres que os filiais “B” e “C” do Xadrez Ourense, fechaban a tempada ligueira respectivamente con un inesperado 1-3 ante o Alekhine de Vigo e un empate 2-2, en terras de Nigrán ante o Laroca-Nigrán.

Segunda división

No tocante á Segunda División o Xadrez Benchoshey rubricou o ascenso a 1ª división ao empatar ante o Ateneo de Ourense (2-2), resultado que lles servría aos de Pereiro de Aguiar para ratificar o seu liderato e conquistar o ascenso a unha categoría de prata que para a Liga de Clubs de 2019 contará con ata 6 escuadras ourensanas.

O resto de resultados na 2ª división, grupo surleste, foron os seguintes: Lucena vs. A.P. de Bande (2-2), Valdeorras vs. Xadrez Ourense “D” (3-1), Xadrez Ourense “E” vs. Celanova (0.5 – 3.5), Xadrez Verín “B” vs. Universitario de Ourense “B” (3.5 – 0.5).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario