Ajedrez Es noticia 

Xadrez Ourense en Rianxo e sitúase a medio punto do liderato na División de Honra

O Liceo Academia Postal cede un apretado 2.5 a 3.5 ante os visitantes do Círculo Chantadino.

Liga Galega de Clubs de xadrez 2018

O Sábado 3 de Xaneiro tivo lugar a 2ª xornada da Liga Galega de Clubs 2018 en todas as súas categorías, desde División de Honra ata a 3ª categoría. A Liga 2018 prolongarase ata o vindeiro mes de Maio, nunha competición na que toman parte máis de 200 equipos e para a que se dan cita en cada xornada algo máis de mil xadrecistas federados.

División de Honra

Nesta Segunda Xornada, e dentro da División de Honra, o subcampeón da pasada liga 2017, viaxaba ata terras do Barbanza para enfrentarse ao recén ascendido conxunto do Xadrez Rianxoa, Xadrez Ourense “A” cumplía coa súa condición de favorito para este match e superaba aos locais por 1.5 a 4.5 con victorias como a do xoven Adrián Gómez ante o forte M.F. Coruñés Marcial García, triunfo ao que se suamaron as victorias de Yudania Hernández, Carlos Novais e Elías González, mentres que José Saavedra sumaba táboas. Con este resultado Xadrez Ourense “A” segue a pelexar polo 1º posto da División de Honra e sitúase a tan só medio punto do líder, o “Xadrez Galego” pontevedrés.

Pola sua parte o Liceo de Ourense recibía ao Círculo Chantadino, os lucenses superaban aos liceístas por un apretado 2.5 a 3.5, malia a derrota, os 2.5 puntos logrados poden resultar importantes de cara á loita por consolidarse na categoría e acceder a zona tranquila da táboa. Os liceístas sumaban as victorias de Marcos Lorenzo, Armando De Sousa e as táboas de Carlos Negreira.

Primeira División

Sorte dispar para os conxuntos ourensáns dentro da 1ª División, na que hai que reseñar as victorias do Universitario de Ourense “A” en Nigrán por 1.5 a 2.5 e a do Xadrez Ourense “B” en Barrocás ante o Mosefesa de Vigo por idéntico resultado, 2.5 a 1.5.

Pola súa parte o recén ascendido Xadrez Verín, manifesta as súas intencións de asentarse na 1ª categoría e segue sumando importantes puntos, nesta ocasión un empate 2-2 ante o Bouzas de Vigo, en terras de Monterrei. O único conxunto ourensán en caera nesta xornada, dentro da categoría de prata, foi o Xadrez Ourense “C” en terras viguesas ante o Alekhine por un apretado 2.5 a 1.5.

Segunda División

Na segunda división grupo surleste, hai que alientar as rotundas victorias do Ateneo de Ourense en Vigo ante o Lucena por un claro 0 – 4, así como a que obtiña o xoven conxunto do Xadrez Ourense “E” ante o visitante Chantada “B” por 3.5 – 0.5.

Nos derbis provinciais que deparaba o calendario para esta 2ª xornada hai que salientar o 1-3 que acaba o Benchoshey “A” en terras de Monterrei ante o Xadrez Verín “B”, así como a goleada do Xadrez Celanova “A” ante o Xadrez Ourense “D” por 4-0, sen esquecerse da apretada victoria do Universitario “B” de Ourense en terras do Barco de Valdeorras por 1.5 a 2.5.

Pola súa banda o A.P. de Bande lograba unha importante victoria por 1.5 a 2.5 en terras do Deza ante o Xadrez Lalín.

Noticias relacionadas