Xadrez Ourense Copa DeputacionAjedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense impúxose na Copa Deputación por equipos 2017

Ata 11 escuadras de toda a provincia déronse cita no auditorio de Verín para esta edición

Copa Deputación de Xadrez por equipos 2017

O Auditorio de Verín acolleu a edición 2017 da Copa Deputación por equipos na que ata 11 escuadras e cerca de 60 xadrecistas do panorama provincial se deron cita.

A organización, que foi perfecta, correu a cargo do Club anfitrión, o “Portas Abertas” de Verín, e a dirección deportiva correspondeu a Óscar Martínez Ferreira, ademais na ceremonia de clausura estivo presente o alcalde da vila, entre outros persoeiros.

O Club Deportivo Xadrez Ourense “A” fixo valer a súa condición inicial de favorito e impúxose con rotundidade con 20.5 puntos, aventaxando ata en 4.5 puntos ao seu inmediato perseguidor, o conxunto subcampeón, o Liceo Recreo Ourensán. Pola súa parte o xoven equipoo do Club Xadrez Ourense “B” conquistou o terceiro posto, seguido do club anfitrión, o Xadrez Verín “Terra do Cigarrón” e do Club Xadrez Celanova, que foron 4º e 5º respectivamente e completaron o podio composto polas mencionadas cinco escuadras premiadas.

O sistema de xogo consistía na suma das 4 mellores puntuacións individuais dos xadrecistas pertencentes aos diferentes conxuntos participantes, deste xeito, hai que salientar o primeiro posto individual de David Gómez Diéguez (Xadrez Ourense “A”), o primeiro lugar en veteranos que foi para Marcos Lorenzo, (Liceo) e o ouro dos menores de 14 anos, que foi obtido por o xoven xadrecista local Tristán Alonso  (Xadrez Verín).

Crónica e foto: Xadrezourense.com

Clasificación: Equipo – Puntos – Desempate

  1. Club Deportivo Xadrez Ourense “A” 20.5p. 83
  2. Liceo Recreo Ourensán 16p. 83.5
  3. Club Deportivo Xadrez Ourense “B” 14p. 77.5
  4. Xadrez Verín “Terra do Cigarrón” 13.5p. 71
  5. Club Xadrez Celanova 13p. 83
  6. Club Xadrez Ateneo de Ourense 12p. 74.5
  7. Universitario de Ourense 12p. 72.5
  8. Xadrez Verín “Veteranos” 11.5p. 70.5
  9. Xadrez Verín “Promesas” 11.5p. 52
  10. Xadrez Verín “Vila Termal” 6p. 62
  11. Xadrez Verín “Promesas B” 5.5p. 55.5

Mencións individuais

Campión Individual:

David Gómez Diéguez C.D. Xadrez Ourense

Campión veterano:

Marcos Lorenzo Durán Liceo Recreo Ourensán

Campión Sub-14:

Tristán Alonso Rodríguez Xadrez Verín “Terra do Cigarrón”

Noticias relacionadas