Campeonato Provincial de Ajedrez 2018 - Foto: Xadrez OurenseAjedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense e Benchoshey acaparan os títulos provinciais de xadrez

Os Campeonatos Provinciais Individuais 2018 contaron coa participación de máis de 180 xadrecistas repartidos en 7 categorías

Campeonatos Provinciais Individuais de Xadrez 2018

Crónica: XadrezOurense.com

Os días 20 e 21 de Xaneiro tiveron lugar na sala de competicións de Barrocás os campeonatos provinciais das categorías Sub-18, Sub-16, sub-14, Sub-12, Sub-10 e Sub-8, baixo a organización de Club Deportivo Xadrez Ourense e coa participación de máis de 150 xadrecistas procedentes de todos os clubs da provincia, que unidos á trintena de participantes que tomaron parte na categoría “Sénior” disputada os días 7,13 e 14 de Xaneiro nos locais da Asociación Artística “La Troya”, suman a importante cifra de máis de 180 xadrecistas, que tomaron parte nesta importante cita federativa provincial individual 2018 que será preámbulo dos Campeonatos de Galicia individuais que terán lugar nas vindeiras datas de entroido en Ferrol (Categorías: sub-14 e sub-18) e tamén a finais de Marzo en Padrón, (Categorías: Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8)

As entidades máis galardonadas nestos individuais provinciais, foron un ano máis, os Clubs Benchoshey e Xadrez Ourense, que nesta edición 2018 coparon e repartíronse ata 6 dos 7 entorchados das diferentes categorías, acadando ata 3 ouros, respectivamente, (codiciado metal que supón aos xadrecistas vencedores o feito de poder viaxar con todos os gastos cubertos pola Federación aos campeonatos autonómicos individuais 2018).

Tamén hai que salientar os bos resultados de Clubs como Universitario de Ourense, Club Xadrez Verín ou Ateneo de Ourense que tamén acadaron varios metais nas diferentes categorías en litixio.

Como xa é coñecido na categoría Sénior, torneo rematado o 14 de Xaneiro, impúxose o xoven xadrecista Xacobe Conde Riveiro (Club Xadrez Ourense), que con este triunfo consigue colocar o seu nome como campeón provincial sénior máis precoz de todas as edicións disputadas (Dende 1991).

En categoría Xuvenil (Sub-18) proclamouse campeón Provincial Martín Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), que contou todas as súas partidas por victorias nesta categoría. En Cadetes (Sub-16) o vencedor foi Césa Pérez Dapoza (Universitario de Ourense) que dominou a categoría con 4.5 puntos dos 5 puntos en litixio.

Dentro das idades intermedias, como a categoría Infantil (sub-14), proclamouse campeón provincial Adrián Vázquez Velasco (Club Xadrez Ourense), que con 4 dos 5 puntos en liza,  conseguiu alzarse co triunfo nunha moi emocionante edición 2018.   En Alevíns (Sub-12), foi Alejandro Garrido Masid (Club Xadrez Benchoshey), quen con 5.5 puntos obtidos nas 6 partidas disputadas foi claro dominador da proba.

Xa nas categorías dos máis cativos, hai salientar o dominio das xóvenes promesas do Club Xadrez Benchoshey, e resaltar os triunfos de Pura Diéguez Nóvoa en Sub-10 (Benxamíns) con 5.5 puntos dos 6 posibles, e do seu compañeiro de Club, Luca González Guede que con 5 puntos, contou todas as súas partidas por victorias e impúxose con autoridade na cateoría prebenxamín, (sub-8).

Tras esta edición 2018 dos Campeonatos Provinciais, un ano máis, a representación ourensana prevista para os Campeonatos de Galicia Individuais 2018 de Ferrol e Padrón, será moi ampla, achegándose a pervisión a cerca dun centenar de xadrecistas ourensáns que se desplazarán a estas importantes probas autonómicas.

POSTOS DE HONRA POR CATEGORÍAS

Senior

1 Conde Riveiro, Xacobe – Club Deportivo Xadrez Ourense
2 Francisco Rodriguez, Jose Carlos – Club Xadrez Verín
3 Alvarez Rodriguez, Cesareo – Club Xadrez Verín

Sub-18

1 Gómez Carreño Martín
2 Juanes Barandela Alfonso
3 Martínez Peña Raúl

Sub-16

1 Pérez Dapoza César
2 Díaz Gómez Mateo
3 Vázquez Gómez Marcos

Sub-14

1 Vázquez Velasco Adrián
2 Pérez Dapoza César
3 Reza Salgado Miguel

Sub-12

1 Garrido Masid Alejandro
2 López Conde Xoaquín
3 Alonso Rodriguez Tristán

Sub-10

1 Diéguez Nóvoa Pura
2 López Conde Manuel
3 Alcalde González Gabriel

Sub-8

1 González Guede Luca
2 Menor Serén Hugo
3 Alonso Rodríguez Escarlata

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario