Xadrez.Ourense.A.vs.Xadrez.Verín.A.División.de.Honra.Ajedrez Es noticia 

Xadrez Ourense despedíuse da loita polo título da División de Honra

O Xadrez Verín da un paso de xigante cara a permanencia tras “arrasar” en Santiago, (0-6)

Liga Galega de Xadrez

A novena xornada de Liga Galega de clubs na División de Honra, deparou resultados ben dispares para os dous conxuntos ourensáns nesta máxima categoría.

O Club Xadrez Ourense A, viaxaba a terras pontevedresas para enfrentarse ao líder, Universidade de Vigo, coa obriga de vencer (e incluso “golear”) para tentar a fazaña de loitar polo título nas dúas xornadas finais restantes. Tras máis de 4 horas de intensas partidas nos 6 taboleiros disputados, o ourensáns viron como se esfumaban as súas opcións de loita polo título autonómico para 2019, tras malograr algunhas posición favorables en máis dun dos taboleiros disputados. Finalmente o Universidade de Vigo rubricaba prácticamente un título de Liga 2019, tras superar aos Ourensáns por un 4-2, que deixa ao Xadrez Ourense no segundo posto empatados co sempre potente Círculo Ferrolán, a falta de dúas xornadas, ambos conxuntos a 7.5 puntos de distancia dos Vigueses, aos que solamente podería arrebatar o título unha catástrofe nas dúas derradeiras xornadas.

Malia esta circunstancia o Xadrez Ourense será o máximo representante de Galicia na Liga nacional de 1ª División, o vindeiro verán en Linares, comandados por o Gran Mestre Iván Salgado, dereito adquirido tras o ascenso obtido en 2ª Nacional o pasado Agosto de 2018.

Pola súa parte o Club Xadrez Verín daba unha enorme alegría para o xadrez ourensántras lograr un resultado que coloca aos de Monterrei con un pé e medio na División de Honra 2020, xa que lograban un histórico 0 a 6 ante o Universidade de Santiago, nunha magnífica xornada que serve para que o Xadrez Verín poda cobrar certa distancia coas posicións de perigo nesta xeira 2019, primeira da súa historia na máxima categoría, na que xa teñen moitas posibilidades de permanencia.

Convén salientar que de chegar a confirmase o ascenso do Liceo de Ourense, actual líder da Primeira División grupo Sur, en 2020 viviríamos un ano excelente para o xadrez Ourensán, con ata 3 conxuntos na máxima categoría, un feito sin precedentes nas 32 edicións da Liga Galega de Clubs.

Xa dentro da Primeira División autonómica (Grupo Sur), O Liceo mantén o liderato grazas a súa victoria a domicilio ante o Benchoshey Sénior (1.5 a 2.5), o Xadrez Ourense B arrancaba un empate a domicilio en terras de Marín (2-2), mentres que o Universitario de Ourense superaba ao terceiro filial do Xadrez Ourense por un apretado 2.5 a1.5.

No referente á Segunda División autonómica (Grupo surleste), Hai que destacar o liderato destacado do Xadrez Valdeorras que se consolida como máximo aspirante ao ascenso á 1ª División autonómica para 2020.

Noticias relacionadas