Ivan Salgado Equipo Xadrez Ourense Foto Nacho RegoAjedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense, capitaneado por Iván Salgado, sitúase segundo na División de Honra

O Liceo de Ourense lograba a súa 2ª victoria parcial e mantén algunhas opción de salvación

Iván Salgado capitanea ao Xadrez Ourense “A” que tras 7 victorias se sitúa igualado ao 2º posto

10ª xornada da Liga Galega de clubs de xadrez

O sábado 21 de abril disputouse a 10ª xornada da Liga Galega de clubs en todas as súas categorías. Dentro da máxima categoría, a División de Honra, a noticia máis relevante era o debut do actual campeón de España Individual o G.M. Ourensán Iván Salgado López, co Club Deportivo Xadrez Ourense.

Ivan Salgado Xadrez Ourense Foto Nacho Rego

Iván, afincado en Bulgaria chega para reforzar aos ourensanistas na súa pelexa polos postos de privilexio que dan pasaporte para o vindeiro campeonato de España de Clubs, o vindeiro Agosto en Linares.

Xadrez Ourense Gomez Foto Nacho Rego

O “efecto Salgado” fixo o seu efecto e o Xadrez Ourense “A” superaba ao incómodo Xaquedrum Lucense por un claro 4-2, si ben hai que mencionar que o debutante caeu inesperadamente ante o Mestre valenciano Alejandro Tello, en palabras do propio Iván “tras unha moi precisa partida de seu rival” realizada polo seu inspirado adversario.  As victorias locais chegarón de mans de Zenón Franco, Luis Silva e dos Irmáns David e Adrián Gómez que seguen achegándose á ansiada titulación de Mestre Fide, da que tan só os separan na actualidade unhas decenas de puntos.

Pola súa parte o Liceo de Ourense superaba ao Xadrez Padrón por 3.5 a 2.5 (con victorias de Arián González, Marcos Lorenzoe Armando de Sousa e empate de David Baltar), resultado que pode servir aos ourensáns para manter algunhas opción de permanencia de cara á derradeira rolda do próximo día 28 de Abril.

Primeira División

Xa na primeira División, os 4 conxuntos  ourensáns mantéñense en zona tranquila da táboa e teñen a súa presenza garantida na categoría de prata para 2019. Cabe salientar a victoria do Xadrez Verín “A”  a domicilio en Vigo ante o Mosefesa por 1.5 a 2.5, así como o triunfo do Xadrez Ourense “B” ante o Bueu por 2.5 a 1.5. Pola súa parte o Xadrez Ourense C empataba ante o Marín (2-2) e o Universitario de Ourense “A” caía ante o Chigorín de Cangas por 1-3.

Segunda División

No tocante á Segunda División que segue comandada polo Xadrez Benchoshey de Pereiro de Aguiar, conxunto que salvo sorpresas na última xornada, será novo equipo de 1ª división o próximo ano, os resultados foron os seguintes: Xadrez Ourense “E” vs. Ateneo de Ourense (2.5 a 1.5), A.P. de Bande vs. Benchoshey (1.5 a 2.5), Xadrez Celanova vs. Xadrez Valdeorras (3-1), Universitario de Ourense vs. Lucena de Vigo (3.5 a 0.5), Xadrez Ourense “D” vs. Xadrez Lalín (2-2), Círculo Chantadino “B” vs. Xadrez Verín “B” (2-2).

Noticias relacionadas