Ajedrez Es noticia 

Xadrez Ourense Campeón da Copa Galicia Cadete 2017

Conxunto do Club Deportivo Xadrez Ourense composto por o mundialista Martín Gómez Carreño, Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez e Xacobe Conde Riveiro

O conxunto ourensán impúxose en Coruña con autoridade, vencendo en todos os seus encontros

Copa Galicia de Clubs categoría Cadete, da Federación Galega de Xadrez

O sábado día 3 de Xuño disputouse no Sporting Casino de A Coruña a edición 2017 da Copa Galicia de clubs en categoría cadete, proba oficial da Federación Galega de Xadrez, e na que se deron cita varias das escuadras máis potentes da nosa comunidade autónoma.

O Conxunto do Club Deportivo Xadrez Ourense, composto por o mundialista Martín Gómez Carreño, Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez e Xacobe Conde Riveiro conquistou o triunfo final con autoridade ao lograr a victoria nos cinco encontros disputados, superando, entre outros, a complicados equipos como o Fontecarmoa de Vilagarcía que rematou subcampeón ou o Gallaecia de Santiago que logrou o bronce final.

Con este triunfo o xoven equipo do Club Xadrez Ourense consolida a súa progresión, xa que na tempada anterior xa viña de acadar a medalla de prata nesta mesma competición copeira.

Os compoñentes do equipo, terán unha boa inxección de moral tras este triunfo, para seguir adestrando con motivación unhas semanas máis ata chegar ao campeonato de España individual 2017, que comenzará a disputarse desde comezos de Xullo na granadina localidade de Salobreña, nunha cita á que acudirán os catro xadrecistas mencionados, ademáis dunha nutrida representación ourensana.

Pola súa parte, o vixente campeón galego individual Sub-14 e tamén actual campéon provincial Sénior, Martín Gómez, disporá de dúas semanas para prepararse para o Campeonato de España por autonomías, no que comandará, como 1º taboleiro, a selección de Galicia.

Noticias relacionadas