Ajedrez Destacado Es noticia 

Xadrez Ourense acada o ascenso á Primeira División Nacional en Linares

Campionato de España de equipos de xadrez 2018

Entre o 14 e o 18 de Agosto disputouse no “Wimbledom” do xadrez, (Linares),  o campionato de España de equipos ao que, co Gran Mestre Iván Salgado como primeiro espada, acudía o Club Deportivo Xadrez Ourense.

Aos ourensáns agardáballes unha difícil proba, con ata 28 fortes escuadras do panorama nacional, e con equipos tan potentes como Laboratorios Sys de Paterna, os madrileños do Villalba 64, Caja Granada ou os maños do Estadium Casablanca, entre outros.

Tras as 7 roldas disputadas os ourensáns obtiveron 11 dos 14 puntos en litixio e lograron un histórico subcampionato, únicamente remataron por detrás dos levantinos do “Sys” de Paterna quenes, con ata 4 Grandes Mestres e comandados por Paco Vallejo, obtiveron 13 puntos, cedendo un único empate precisamente ante o Club Deportivo Xadrez Ourense.

Este segundo posto dalles dereito ao soñado ascenso para 2019 a este xoven conxunto ourensán, que presentou no seu quinteto titular ao G.M. Iván Salgado (1991), o tamén recentemente proclamado G.M. Jorge Viterbo (1994), o flamante M.F. David Gómez (1995), o xoven Adrián Gómez (1998) e a experimentada e numerosas veces olímpica, a Mestra Internacional Yudania Hernández (1973).

Desde o comenzo os Ourensáns comenzaron dominando con claridade (4 a 1) ao Roquetas Almeriense e xa na segunda rolda pasaron certos apuros para doblegar por 2 a 3 ao outro conxunto galego en competición, o Universidade de Santiago, que ademais viaxaba a Linares como campión da División de Honra Autonómica. Xa en terceira xornada o Xadrez Ourense volvía a vencer, esta vez aos Albaceteños do Excalibur por un contundente 4 a 1, un resultado que sería preámbulo do gran enfrentamento do torneo, o gran favorito “Laboratorios Sys” de Paterna, con ata 4 Grandes Mestres e comandado polo nº 1 español dos últimos 10 anos, o menorquín Paco Vallejo, agardaba aos ourensáns na 4ª xornada.

O encontro comenzou cun empate claro e rápido de Iván ante Vallejo, para continuar con outros dous empates moi loitados entre Jorge Viterbo e a Grande Mestra Mochychuck, e o de David Gómez que obtiña unhas meritorias táboas ante o G.M. Julen Arizmendi, o xoven Adrián Gómez non podía coa férrea oposición de Ernesto Fernández, (G.M. Andaluz que milita nas filas dos levantinos), e deste xeito todo quedaba nas máns de Yudania Hernández, quen nunha longa e moi complicada partida conseguia doblegar tras máis de 4 horas á M.F. Marta García, logrando así un soberbio empate global (2.5 a 2.5) que deixaba as cousas cad vez máis claras para os ourensáns.

Xa en 5ª xornada chegou un duro revés ante o potente Villalba 64, que superaba aos de Ourense por 3.5 a 1.5 e que deixaba aos ourensáns coa obriga de recuperarse rápidamente e vencer os dous últimos encontros, como así o fixo.

Nesa mesma tarde, Xadrez Ourense superou aos valencianos do Eva Manises por un rotundo 4.5 a 0.5 e xa, na última xornada, na matinal do sábado 18, Xadrez Ourense superaba ao xoven e incómodo conxunto do Caja Granada por idéntico resultad

Noticias relacionadas