Xacobe Conde Ajedrez XadrezAjedrez Destacado Es noticia 

Xacobe Conde en Sub12 e César Pérez en Sub14, vencedores do Circuito Galego 2017 de xadrez

Tras 6 meses e 19 probas puntuables, ambos xóvenes ourensáns impuxéronse en 2 das 4 categorías en liza.

Circuito Galego 2017 de Xadrez

O sábado 4 de Novembro tivo lugar en Vilagarcía de Arousa o “Open McDonalds”, última das 19 probas puntuables do Circuito Galego 2017. Na vila pontevedresa déronse cita 125 participantes, pertencentes ás categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14, na que foi a derradeira proba puntuable das 19 que ao longo de 6 meses (e disputadas entre o mes de Maio e o de Novembro), compoñen o calendario do Circuito Galego de promoción, competición oficial pertencente ao programa anual de actividades da Federación Galega de Xadrez.

O xoven xadrecista de Club Xadrez Ourense, Xacobe Conde Riveiro, (vixente subcampeón de España Sub-12 na modalidade de xadrez rápido), foi o vencedor na clasificación xeral da categoría sub-12, mentres que César Pérez (Club Universitario de Ourense), facía o propio en categoría Sub-14.

Entre estas 19 probas disputadas ao longo e amplo da xeografía galega entre o 1 de maio e o 4 de Novembro, hai que resaltar as dúas celebradas en Ourense, “II Ourense en Xaque” que tivo lugar o pasado 4 de Xuño e o “X Festival de Xadrez de Expourense” celebrado o pasado 29 de Outubro, que resultaron ser, un ano máis, as probas puntuables máis participativas de entre todas cantas compoñen este calendario de citas autonómicas, superando con creces ambas a cifra de 200 participantes, si ben hai outras probas, como Nigrán, Mos, Pontevedra ou Ponteareas que ano a ano achéganse cada vez máis aos dous centenares de participantes.

Noticia: XadrezOurense.com

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario