Xadrez.Verín.vs.Xadrez.Chantada.Ajedrez Destacado Es noticia 

Triunfo y liderato para Xadrez Ourense en la División de Honor de ajedrez

  • Club Xadrez Ourense “golea” en Santiago e pasa a compartir o liderato na División de Honra
  • O Xadrez Verín, pese á derrota ante o Xadrez Chantada, suma 2.5 valiosos puntos e mantense na zona morna da táboa

O pasado sábado día 2 de Febreiro, tivo lugar a 2ª xornada da Liga Galega de Clubs de Xadrez, que nesta edición 2019 aglutina a máis de 200 equipos en competición de toda Galicia, repartidos en 5 categorías, participando en dita competición cada sábado, de Xaneiro a Abril, máis de 1000 xadrecistas en toda Galicia.

Na División de Honra o Club Xadrez Ourense “A”, que ademáis de xogar a tradicional Liga Galega en 2019, disputará a Liga de 1ª División nacional en 2019 comandado por Iván Salgado, visitaba o Sábado día 2 aos santiagueses do Xadrez Algalia, un histórico do Xadrez Compostelán.  Tras máis de 4 horas de intensa batalla, o sexteto ourensán lograba unha abultada e importante victoria por 0.5 a 5.5 ante a escuadra santiaguesa, un resultado que serve ao  Xadrez Ourense “A” para pasar a compartir o liderato, tras dúas xornadas disputadas, xunto co Fontecarmoa de Vilagarcía e o vixente campeón de liga, o Universidade de Santiago.

As victorias ourensanas viñan de mans de André Ventura, Adrián Gómez, Martín Gómez, Miguel Teixeira e Gabriel Roma, mentres que o medio punto (táboas), chegaba de mans de David Gómez. Hai que salientar que este equipo é o máis xoven presentado polo Club Xadrez Ourense nos seus 16 anos de historia, cunha media de idade de 20 anos exactos, entre os 6 xadrecistas alineados. (18,23,20,16,24 e 19, respectivamente).

Pola súa parte o Xadrez Verín recibía na súa sede ao sempre difícil e moi reforzado Chantada, comandado polos Grandes Mestres V. Pétkov e A. Stríkovic, finalmente os de Monterrei, pese á sufrir unha derrota mínima, lograron 2.5 importantes puntos, importantes de cara a manterse alonxados da zona de perigo. Os puntos dos verinenses viñan de mans da victoria lograda por o G.M. David Lariño ante Pétkov, e os empates de Cesáreo Álvarez, Pedro Gil e Óscar Martínez.

Na vindeira xornada o Xadrez Ourense visitará ao Xadrez Rianxo, e o Xadrez Verín desprázase para enfrentarse ao Xadrez Galego de Tui.

Xadrez.Verín.vs.Xadrez.Chantada.
Encontro entre Xadrez Verín e Xadrez Chantada. En primeiro término os Grandes Mestres David Lariño (esquerda) e Vadim Pétkov (dereita).

Xa dentro da Primeira División, hai que salientar a abultada victoria do Liceo a domicilio ante o Universitario de Ourense por 0-4, resultado que sitúa aos liceístas no 3º posto da táboa desta primeira división grupo Sur, tamén convén salientar a contundente victoria do Xadrez Ourense “B” en Bueu por 1-3, idéntico resultado que colleitou o Xadrez Ourense “C” no seu feudo ante o  Laroca de Nigrán, (1-3), mentres que, pola súa banda, o Benchoshey Sénior, volvía a empatar e a sumar outros dous puntos, ao igual que na 1ª xornada, esta vez ante o Grupo Nores, de Marín.

Na Segunda División autonómica, os resultados no que aos equipos da nosa provincia atinxe, foron os seguintes: Xadrez Mos “C” vs. Valdeorras (0-4), Círculo Chantadino “B” vs. Xadrez Ourense “E” (2.5-1.5),  A.P. de Bande vs. Benchoshey Fischer Tui  (3 – 1), Xadrez Tui “B” vs. Ateneo de Ourense (1-3), Universitario de Ourense “B” vs. Xadrez Celanova “A”  (0 – 4)

Por outra parte e xa dentro da Terceira División autonómica, os resultados dos encontros nos que tomaron parte escuadras da nosa provincia, foron os seguintes: Xadrez Verín “B” vs. Benchoshey Lasker (2 – 2),  Celanova “B” vs. Liceo “B” (0-4), Universitario de Ourense “C” vs. Chantada “C” (4 – 0) e  Xadrez Valdeorras “B”  vs. Xadrez Verín “C” (1.5-2.5).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.