Club Deportivo Xadrez Ourense, unha das entidades máis participativas nos Ctos. Galegos S14 e S18Ajedrez Destacado Es noticia 

Tres bronces ourensanos nos Campionatos de Galicia Infantil e Xuvenil de xadrez

Acadarían medalla Marcos Vázquez e Laura Gómez  por partida doble en Infantís e Miguel Puga en Xuvenís

Campionatos de Galicia Infantil e Xuvenil de xadrez 2018

Unha ampla embaixada ourensana desprazouse a terras Ferrolanas entre os días 10 e 13 de Febreiro para disputar os campeonatos de Galicia individuais das categorías Infantil (S14) e Xuvenil (S18), nunha cita na que Club Xadrez Ourense, xunto con Fontecarmoa de Vilagarcía e Escola Luguesa, volveu a ser unha das entidades galegas con máis presenza de deportistas con ata 8 xadrecistas desprazados ata a cidade departamental, pese ao complicado das datas e a distancia coa sede de competición.

Club Deportivo Xadrez Ourense, unha das entidades máis participativas nos Ctos. Galegos S14 e S18

Caegoría Infantil

Hai que destacar que os ourensáns cobraron un especial protagonismo dentra da categoría infantil, na que ata 5 xadrecistas dos 11 primeiros clasificados son da nosa provincia e nalgúns momentos da competición tivemos líder ourensán, incluso.

Hai que destacar finalmente o merecido bronce obtido por Marcos Vázquez Gómez (Club Deportivo Xadrez Ourense), logrando un 3º posto que lle serve para obter praza con todos os gastos cubertos para o vindeiro campeonato de España a disputarse en Xullo en Granada.  Marcos realizou unha soberbia competición e mesmo tivo chances de Ouro, xa que disputou a derradeira rolda na primeira mesa da competición ante o Pontevedrés Rubén Fernández (finalmente campeón), xogándose o entorchado autonómico a “cara ou cruz” tras 4 días de competición, finalmente e malia a derrota nesta última xornada ante este difícil adversario (nº 1 do ranking), Marcos rematou ocupando un merecido terceiro posto.

Seguindo coa categoría Infantil, hai que destacar o bronce logrado en féminas por Laura Gómez Carreño (Club Xadrez Ourense), que incluso na rolda final tivo chances claras de pelexar polo ouro e hai que facer mención a que únicamente por coeficiente de desempates non obtivo a medalla de prata e tivo que conformarse co bronce.

Outros xadrecistas ourensáns que destacaron na categoría infantil foron Miguel Reza (7º), Xacobe Conde (8º), Marcos Reza (10º), Adrián Vázquez (11º) vixente campeón provincial e que chegou a ir líder na competición, Laura Gómez (24ª e bronce feminino), e sen esquecerse do debutante Iván Dopazo (26º) que realizou unha moi meritoria actuación, destacando por tanto a participación e nivel amosado polos ourensáns sobre un total de 50 xadrecistas que tomaron parte nesta categoría infantil.

Categoría Xuvenil

Xa na categoría Xuvenil, hai que salientar o terceiro posto logrado por o xuvenil ourensán Miguel Puga Sánchez (do Club Universitario de Ourense), que lle vale a Miguel, ao igual que a Marcos Vázquez, unha praza cos gastos federativos cubertos para o vindeiro campeonato Nacional.

Dentro desta categoría hai que facer mención á mala sorte na recta final do torneo do vixente campeón provincial da categoría e tres veces campeón galego, Martín Gómez (Club Xadrez Ourense), que malia a chegar a ir incluso líder tras as primeiras roldas disputadas, tivo un difícil ecuador do torneo e finalmente non pudo pasar do 9º posto final. De todos os xeitos convén salientar que Martín Gómez, é todavía Cadete (S16) e terá a súa gran oportunidade no Campeonato Galego Individual S16, que xunto ás categorías senior, S12, S10 e S8 terán lugar en Padrón, na vindeira Semana Santa.

Crónica: XadrezOurense.com

Noticias relacionadas