Martín.Gómez.Carreño.4º.deEspaña.2019 peq.Ajedrez Destacado Es noticia 

Protagonismo ourensán nos Campionatos de España Individuais de xadrez por idades 2019

Martín Gómez Carreño, 4º de España Sub-16, clasificase para o Europeo de Bratislava

Durante os últimos 30 días a localidade granadina de Salobreña, acolleu os campionatos de España individuais por categorías, (desde sub-8 a sub-18), nas que os xóvenes xadrecistas ourensáns colleitaron moi positivos resultados ademais de aportar unha importante participación.

Un ano máis, Club Deportivo Xadrez Ourense, volve a ser a entidade deportiva Galega con máis participación nos campionatos de España Individuais por categorías, con ata 14 participacións. Tamén hai que salientar as 5 participacións do Club Xadrez Benchoshey de Pereiro de Aguiar, as 4 do Universitario de Ourense e as 2 do Club Xadrez Verín.

A primeira categoría en disputarse e abrir os campeonatos de España individuais 2019 por categorías, foi a dos máis cativos, (categoría sub8), que tivo lugar entre os días 23 e 26 de Xuño. Hai que salientar o posto 38ª de Laura Diéguez (Benchoshey), que con 5 puntos e en idade todavía “sub-7” completou unha moi positiva actuación, así como tamén o posto 46ª de Antón Lorenzo (Xadrez Ourense), que partía como vixente subcampión Galego individual, e conseguiu, no seu primeiro nacional, uns meritorios 4.5 puntos.

Xa en categoría Sub12, e entre os días 1 e 7 de Xuño, hai que mencionar os postos 107º e 112º, dos irmáns Diéguez Nóvoa, (Pura e Benjamín), ambos do Xadrez Benchoshey de entre os 172 participantes, e ambos con 4 puntos dos 9 en litixio. Igualmente, na modalidade de rápidas, hai que facer mención aos postos 108º e 110º  da saga Diéguez Nóvoa, esta vez Pura 2 lugares por diante de Benjamín.

Martín.Gómez.Carreño.4º.deEspaña.2019.
Martín Gómez Carreño finalizó 4º en categoría sub-16

Dentro da categoría Sub-14, disputada entre 9 e o 14 de Xuño, o mellor ourensán clasificado foi Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense), con 5.5 puntos (empatado ao posto 31º de 182 participantes), Hai que lembrar que Xacobe xa foi sucampión de España en Sub-12 no ano 2017. Sin embargo, especial mención merecen as sensacionais actuacións de Iván Dopazo Vázquez (Xadrez Ourense) e de Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín), quenes acadaron uns ascensos nos séus ránkings respectivos de +64 e +69 puntos, malia non contar, de inicio, entre os favoritos. Ambos remataron con 4 dos 9 puntos en litixio. Tamén experimentou unha positiva subida no seu ránking (esta vez de +15) a xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, Laura Gómez Carreño, que rematou con 3.5 puntos na modalidade de partidas lentas. Xa na especialidade de rápidas, convén destacar os excelentes 6 puntos de Xacobe Conde, (que lle valeron para rematar empatado ao posto 18º de entre 168 participantes), así como os postos 86º, 108º e 123º de Laura Gómez, Tristán Alonso e Iván Dopazo, respectivamente, entre os 168 xadrecistas Sub14 participantes.

A adestradora do Club deportivo Xadrez Ourense, Yudania Hernández, (Fide Trainer), acompañou á delegación Galega nas categorías sub12 e sub14.

Para rematar, xa dentro da categoría Sub-16 (Cadete), que rematou hai escasos días, chegaron excelentes noticias para o Xadrez Provincial, un ano máis de man de Martín Gómez Carreño do Club Xadrez Ourense, que nesta cita de 2019 empatou no 2º posto, rematando 4º finalmente, nun  fortísimo evento, no que tomaron parte ata 174 xadrecistas de toda España, con 6 deles xa titulados internacionais a pesar da súa xuventude e máis dun 90% dos 174, con ránking internacional.

Martín conseguiu 7 puntos, cedendo únicamente nas súas 2 partidas, ante subcampión e o Campión de España, (que tamén é o actual campión do Mundo), o prodixio Aragonés Pedro Antonio Ginés Esteo. Martín logrou un ascenso de casi 60 puntos de ránking, e confirma a súa boa traxectoria clasificándose para o Europeo de Bratislava (Eslovaquia), traxectoria na que xa de sub12 clasificouse para o mundial de Grecia, e en Sub14 para o Europeo de Rumanía.

Non obstante, as de Martín non foron as únicas boas noticias para o xadrez ourensán, convén facer especial mención á soberbia actuación de Mateo Díaz Gómez (Xadrez Ourense), que con 6 puntos empatou ao posto 19º e conseguiu un “estratosférico” ascenso de puntos de ránking, nada menos que 153 positivos. Pola súa parte, tamén estivo moi inspirado Adrián Vázquez Velasco (Xadrez Ourense), que rematou cuns aparentemente máis discretos 4 puntos, pero cunha expectacular subida de ránking de ata +97. Con 4 puntos, tamén remataron os ourensáns Marcos Vázquez Gómez do Xadrez Ourense (113ª), e os irmáns Miguel e Marcos Reza Salgado, (ambos do Universitario de Ourense), que remataron nos postos 119ª e 123ª, de entre os 174 participantes.

Xa na modalidade de rápidas desta mesma categoría, os ourensáns, máis discretos, e por orde: Martín Gómez, Marcos Reza, Marcos Vázquez, Mateo Díaz e  Miguel Reza acadaron os postos 39ª, 45º, 54ª, 91ª e 126ª de entre os 156 participantes.

Convén lembrar que en Agosto e xa en categoría Sénior, volveremos a ter unha ampla presencia ourensana en Andalucía, dentro das citas internacionais e nacionais previstas. Comenzando polo Campionato panamericano, no que tomará parte o G.M. do Club Xadrez Ourense,  Iván Salgado (importante cita internacional de alto nivel que terá lugar en Linares entre os días 10 e 18 de Agosto, e que o G.M. ourensán xa conquistou en Quito, Ecuador, en 2012), posteriormente terán lugar os campionatos de España Individuais Sénior das modalidades rápida e relámpago, (tamén en Linares), e nos que entre outros tomarán parte, entre outros ourensáns,  Yudania Hernández e Iván Salgado (ambos Mestres e compañeiros no primeiro equipo do Club Xadrez Ourense.

Xa a partir do 26 de Agosto, tamén na localidade xienense de Linares, dará comenzo a Liga Nacional de 1ª División por equipos, competición na que  o único conxunto galego representante será o Club Deportivo Xadrez Ourense “A”, (por primeira vez nos seus 16 anos de historia), comandado por Iván Salgado, e que acometerá o difícil reto de manter a categoría, cunha forte aposta pola canteira ourensana, nunha dura proba donde as 8 escuadras participantes presentarán sextetos compostos por xadrecistas de auténtico prestixio internacional.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.