Ajedrez Es noticia 

Presentado o Torneo Aninovo de xadrez de Barrocás

Terá lugar na AVV de Barrocás entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro

XXXIII Torneo Internacional Aninovo de Xadrez – VII Menorial Manuel Villar

Un nadal máis chega o clásico “Aninovo Barrocás”, que nesta edición chega á súa trixésimo terceira edición, de xeito ininterrumpido, e coa previsión, un ano máis, dunha enorme participación.

Baixo a organización da Asociación de Veciños de Barrocás, coa dirección deportiva e arbitraxes a cargo de Club Deportivo Xadrez Ourense e co patrocinio principal do Consello Municipal de Deportes, contamos cos ingredientes necesarios para que un ano máis, e seguindo a xa coa clásica receta do pai e fundador do evento, Manuel Villar Fernández, podamos disfrutar dunha nova edición, na que adultos e nenos podan practicar o “deporte-ciencia”.

No relativo ás categorías dos máis xóvenes hai que lembrar que o día  23 de decembro terán lugar os torneos das categorías Sub-10 e Sub-12 ( a partir das 15.45 e das 18.00, respectivamente) e o día 24 de decembro terá lugar o torneo destinado aos máis xovenciños, de categoría sub-8, (a partir das 11.30).

No tocante ao “Aberto Internacional” propiamente dito, valedeiro para ránking internacional e no que se dan cita de forma conxunta as categorías Sénior, Xuvenil, Cadete e Infantil, hai que lembrar que terá o seu pistoletazo de inició e tradicional “Saque de Honra” o vindeiro Mércores día 27 de Decembro, prolongándose, na súa primeira metade ata o día 30 de Decembro, para reanudarse a afrontar a súa recta final entre os días 3 e 5 de xaneiro, (sendo esta última xornada, a do día 5, a que englobe a clausura e entrega de premios a gañadores e participantes, ademais do tradicional “cocktail” de despedida).

 

Categorías Benxamín (Sub-10) e Alevín (Sub-12)

  • Sábado, 23 de Decembro
    • Sub 10 (2007 e 2008) de 15.45 a 18.00 horas (6 Partidas) Sub 12 (2005 e 2006) de 18.15 a 20.30 horas (6 Partidas) Categoría Prebenxamín (Sub-8)
  • Domingo, 24 de Decembro
    • Sub 8 (2009 e seguintes) de 11.30 a 13.30 horas (6 Partidas)

Categorías Absoluta, Xuveníl, Cadete e Infantíl

Datas e Horarios:

1ª Rolda: Mércores 27 de Decembro 20.00 h.
2ª Rolda: Xoves 28 de Decembro 20.00 h.
3ª Rolda: Venres 29 de Decembro 20.00 h.
4ª Rolda: Sábado 30 de Decembro 16.00 h.
5ª Rolda: Mércores 3 de Xaneiro 20.00 h.
6ª Rolda: Xoves 4 de Xaneiro 20.00 h.
7ª Rolda: Venres 5 de Xaneiro 16.00 h.

Noticias relacionadas