Ajedrez Destacado Es noticia 

Pilar García Ruiz bronce sub-18 nos Campionatos Galegos de Xadrez

Campionatos Galegos Individuais das categorías Xuvenil (Sub-18) e Infantil (Sub-14)

Entre os días 2 e 5 de Marzo tiveron lugar os Campionatos Galegos Individuais das categorías Xuvenil (Sub-18) e Infantil (Sub-14) na pontevedresa localidade de Cangas do Morrazo, cita á que se desplazou unha nutrida representación Ourensana pese ás sinaladas datas do Entroido.

Cerca dun centenar de xóvenes xadrecistas, entre ambas categorías, procedentes dunha gran parte dos casi 100 Clubs de xadrez que hai en Galicia, déronse cita para pelexar por unha praza para o Nacional do próximo verán. Hai que salientar que os Campinoatos Galegos individuais do resto das categorías (Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8), terán lugar o vindeiro mes de Abril na Coruñesa vila de Padrón, cita para a que se agarda unha gran representacións da nosa provincia.

O éxito máis destacado foi o bronce acadado en categoría Sub-18 feminina pola xadrecista do Club Xadrez Ourense, Pilar García Ruiz, que ainda en categoría Sub-16 foi quén de acadar o pódio, situándose 3ª clasificada Galega, sumando así o seu cuarto pódio individual a nivel autonómico na súa traxectoria deportiva individual, a través das diferentes categorías, nos últimos anos.

Nesta Categoría, os ourensáns mellor clasificados na clasificación Xeral foron César Pérez (Universitario de Ourense), Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e Marcos Vázquez (Xadrez Ourense) que remataron, todos eles, con 5 dos 8 puntos en litixio, empatados ao posto 6º / 13ª, de entre os 35 participantes desta categoría Xuvenil, (Sub-18).

Xa dentro da categoría Infantil (Sub-14), hai que resaltar a competición realizada por Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense), que estivo batallando nos postos de privilexio durante a maior parte da competición, sendo o único xogador capaz de arrancar un empate ao número 1 e indiscutible campeón, o Pontevedrés Rubén Fernández, que rematou con 7.5 puntos dos 8 osibles. Xacobe únicamente se viu afastado do pódio na recta final, tras un amargo Martes, nos que perdeu as dúas últimas partidas disputadas, das que si solamente vencese nunha das dúas, houbese acadado, mínimo, o bronce autonómico. Pese a todo, hai que destacar o excelente nivel demostrado por Xacobe durante a maior parte da competición.

Os ourensáns mellor clasificados nesta categoría Infantil, (Sub-14), foron Xacobe Conde (Xadrez Ourense) e Iván Dopazo (Xadrez Ourense), ambos con 5 puntos remataron empatados aos postos 12º / 18º, tamén hai que destacar o torneo realizado polo xoven xadrecista Manuel López Conde (Club Xadrez Benchoshey), que sendo ainda Sub-12, conseguiu 4.5 puntos e por tanto situarse no posto 25º de entre os máis de 60 participantes.

Un ano máis convén destacar a ampla presencia dos deportistas do Club Xadrez Ourense como entidade de referencia autonómica, sendo un dos Clubs máis participativos nestas citas autonómicas Xuvenil e Infantil, chegando este ano 2019 a enviar ata 7 deportistas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.