Ajedrez Es noticia 

Ourense acollerá este sábado a Copa Galicia de Xadrez

O torneo dará comenzo ás 11:30 horas e estará dividido en cinco categorías ( sub-8, sub-10, sub-12 sub-14 e sub-18)

 Jóvenes participantes de la pasada edición
Jóvenes participantes de la pasada edición

Ourense acollerá este sábado o torneo de Xadrez Escolar máis participativo de Galicia

O vindeiro Sábado día 6 de Xuño, desde as 11.30 horas, terá lugar no pavillón polideportivo do Centro Maristas de Ourense a IX edición da Copa Galicia de Xadrez, evento deportivo destinado a xadrecistas de entre 6 e 18 anos de idade e pertencente ao X Circuito Galego de Xadrez, integrado por unha quincena de probas puntuables que se celebran entre os meses de Maio e Outubro de 2015.

Aproximadamente 300 xóvenes practicantes do “deporte-ciencia” procedentes de numerosos Clubs de Galicia e de Portugal, daranse cita, xunto coas súas familias, na nosa cidade para protagonizar unha bonita xornada de convivencia, formación e deporte no Centro Maristas de Ourense.

Como é sabido, acaba de aprobarse o pasado 28 de Abril no parlamento de Galicia a implementación progresiva do xadrez dentro do sistema educativo, de forma transversal e como asignatura optativa nas escolas de toda Galicia, baseándose esta iniciativa parlamentaria no seu contrastado efecto pedagóxico para a estimulación do rendimento dos nosos xóvenes en terreos como as matemáticas, a concentración, a lectura, ademais de ser unha disciplina moi accesible que fomenta a cohesión social, a integración, e incluso a loita contra determinadas adiccións.

O Club Xadrez Ourense, responsable da dirección ténica do evento, foi citado expresamente no parlamento de Galicia (28 de Abril de 2015) como modelo exemplar e como referencia do ensino e da difusión educativa do xadrez, tanto no seu centro de tecnificación en Ourense, como nos 12 centros de ensino de Ourense e provincia donde os seus profesionais se achegan a impartir xadrez semanalmente a centenares de xóvenes.

Así pois este evento chega a nosa cidade nun excelente momento de saúde para o deporte-ciencia, no que a provincia de Ourense é un claro referente a nivel de base, tamén a nivel autonómico onde numerosos dos nosos xadrecistas ocupan habitualmente os pódios Galegos, e incluso dentro do ámibito nacional. (O vindeiro mes de Xullo casi unha vintena de xóvenes ourensáns acudirán aos campionatos de España individuais en Granada).

Sin esquecernos do vértice da pirámide, o xoven Gran Mestre Ourensán Iván Salgado, que acaba de cumplir 24 anos de idade e é un dos principais embaixadores deportivos da nosa cidade no planeta, na actualidade afincado en Bulgaria por motivos deportivos, varias veces membro da selección olímpica española e componente habitual da selección nacional absoluta, ademais de cinco veces campión nacional individual, unha vez subcampión mundial Sub-18, e unha vez campeón iberoamericano.

Este evento estará dirixido e organizado polo Centro Maristas de Ourense en colaboración co Club Xadrez Ourense, e nesta IX Edición de 2015, voltará a ser o torneo de xadrez máis participativo de Galicia, e un dos maiores de España, xunto co Colexio Mirabal en Madrid, O torneo da Vendima en Valladolid ou o torneo de Expourense, tamén na nosa cidade. .

Dos prácticamente 300 participantes que ser darán cita nesta IX edición de 2015, aproximadamente 50 deles contarán con ránking internacional. Asimesmo disfrutaremos da oportunidade de seguir de preto as evolucións de varios campións galegos individuais así como de varios campións portugueses, datos que dan unha idea de que ademais de cantidade disfrutaremos dunha enorme calidade a pesar da curta idade dos participantes.

O torneo dará comenzo ás 11:30 horas e estará dividido en cinco categorías, ( sub-8, sub-10, sub-12 sub-14 e sub-18), unha vez rematada a competición celebrarase a ceremonia de entrega de premios e clausura a partir das 19:30 horas coa asistencia de diferentes personalidades públicas, colaboradores e patrocinadores.

Noticias relacionadas