Ajedrez Destacado Es noticia 

Oscar Salgado regresó a los tableros compartiendo título en el Open Internacional de Valencia

Open Internacional “EDAPA” – Valencia 2019

O experimentado xadrecista do Club Xadrez Ourense, Óscar Salgado López, volveu aos taboleiros tras unha longa paréntese, e fixoo con éxito, no Open Internacional “EDAPA” disputado en Valencia o pasado fin de semana.

Óscar, que viña de participar como “reserva de luxo” no 1º equipo do Club Xadrez Ourense que acaba de lograr o Bronce na Liga de 1ª División finalizada en Linares o pasado día 1 de Setembro,  reencontrábase co xadrez de competición e finalizou  no segundo posto neste Open Internacional disputado en terras levantinas.

Salientar que o maior da saga dos Salgado López, rematou con 6.5 puntos dos 7 posibles, empatado co vencedor, o valenciano Pablo Aymerich,  e superando a complicados rivais como o Mestre Fide Colombiano Alexander Riasco, ou o peruano Edmundo León, entre outros. 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.