Ctos.Provinciais.Edades.2019.Ajedrez Es noticia 

O Provincial de xadrez puxo en xogo os títulos de senior a prebenjamín

Campeonatos Provinciais Individuais de xadrez  – Ourense 2019

Os días 18 e 19 de Xaneiro tiveron lugar os campeonatos provinciais individuais por categorías, que xunto ao provincial Sénior, rematado o pasado día 13 nos salóns de “La Troya”, foron todos eles clasificatorios para os vindeiros campeonatos autonómicos que terán lugar os vindeiros meses de Febreiro e Abril.

En total, nestos campeonatos provinciais de 2019, reuníronse un total de 180 participantes, dos cuales, unha grande parte asistirán aos vindeiros autonómicos.

As sedes do Centro Cívico de A Ponte e os locais do Club Xadrez Ourense foron escenario das categorías que van desde Sub-18 (Xuvenil) ata Sub-8, (Prebenxamín).

Ctos.Provinciais.Edades.2019.

Ao pódio de vencedoes da pasada semana dentro da categoría Sénior, formado por J. Antonio Bello, (Liceo), Xacobe Conde (Xadrez Ourense) e Mateo Díaz (Xadrez Ourense), hai que sumarlle o resto de pódios de vencedores do resto das categorías:  En Xuveniles foi vencedor César Pérez (Universitario), 2º Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e 3º Marcos Vázquez (Xadrez Ourense), xa en cadetes o triunfo foi para Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), seguido de Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e César Pérez (Universitario), estos dous últimos xadrecistas, fixeron respectivamente triplete e doblete en cuanto a medallas, entre todas as categorías.

Xa en Sub-14 o vencedor foi Xacobe Conde Riveiro, (Xadrez Ourense) seguido do seu compañeiro de Club Iván Dopazo e de Alejandro Garrido (Benchoshey), En sub-12 o ouro foise para Manuel López (Benchoshey), seguido de Tristán Alonso (Xadrez Verín) e de Benjamín Diéguez (Benchoshey).

Xa dentro dos máis cativos, o pódio sub10 quedou configurado por Goyo Fernández (Liceo), Luca González (Benchoshey) e Sabela Conde (Xadrez Ourense), mentres que en sub-8 o ouro foi para Mateo Martínez (Benchoshey), Julio Fernández (Liceo) obtivo a prata e Iker Ferro do Benchoshey (bronce).

Por Clubs o Medalleiro Provincial 2019, quedou liderado polo Club Deportivo Xadrez Ourense con nove premiados, seguido de Benchoshey con 6 medallistas, O Liceo de Ourense obtivo 3 galardonados, e completaron o medalleiro Universitario de Ourense con dúas medallas e Xadrez Verín con un pódio.

A este dato hai que engadir que Club Deportivo Xadrez Ourense foi tamén a entidade máis participativa cun total de 78 deportistas dos 180 totais.

Noticias relacionadas