Ajedrez Es noticia 

Martín Gómez ouro individual no Nacional por autonomías de xadrez

O Xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense defendeu o 1º taboleiro de Galicia cunha soberbia actuación

Campeonato de España de Seleccións Autonómicas (Sub-14)

Entre o Xoves 22 e o Domingo 25 de Xuño tivo lugar o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas (Sub-14), que nesta ocasión foi acollido pola Coruñesa vila de Padrón, competición que aglutinou aos mellores especialistas do panorama nacional destas idades, que representaron ás súas respectivas selección autonómicas.

O xoven ourensán Martín Gómez Carreño, asumía o 1º taboleiro da Selección de Galicia (formada por 4 titulares e 2 suplentes para cada encontro), dese xeito Martín tivoá que enfrentar aos xogador máis potentes de todas as escuadras adversarias.

Malia a dificultade inicial da súa tarefa, o xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense realizou unha soberbia actuación, logrando o 87.5% dos puntos en litixio e completando unha competición que lle serve para subir 38 puntos de ránking internacional e situarse xa como un dos mellores do panorama nacional para o vindeiro campeonato de España individual Sub-14 que terá lugar en Salobreña (Granada) dentro de poucas seamanas e que pode catapultar a Martín ao Europeo de Rumania, o vindeiro mes de Setembro.

Martín está a realizar un soberbio ano deportivo, tras conquistar o título provincial individual en 3 das sete categorías (incluida a Sénior), conquistou o campeonato Galego Sub-14, así como o quinto posto no Cto. Galego Absoluto, tras esta medalla de Ouro, viaxará reforzado a Granada, para tentar afianzarse entre os mellores de España da súa categoría e soñar coa súa participación no próximo Europeo de Rumanía, en Setembro.

Noticias relacionadas