Xadrez OurenseAjedrez Destacado Es noticia 

Martín Gómez de Xadrez Ourense subcampión de Galicia Sub-16

Club Deportivo Xadrez Ourense foi a entidade máis participativa nos Campionatos Galegos 2018

Campionatos Galegos  de Xadrez 2018

Unha numerosa embaixada ourensana, composta por cerca de 80 xadrecistas das diversas categorías e varios adestradores, desprazouse a terras Padronesas a partir do sábado 24 e ata o Venres 30 de Marzo para disputar os campeonatos de Galicia individuais das categorías Sénior, Cadete (S16), Alevín (S12), Benxamín (S10) Prebenxamín (Sub-8).

Martín Gómez Carreño (2003), dentro da categoría sub-16, obtivo a prata individual, que lle serve como pasaporte con gastos cubertos para o nacional de Granada a disputarse o vindeiro mes de xullo. Hai que salientar que Martín rematou empatado a puntos co Santiagués David Buitrón, e que únicamente porsistema de desempate non puido acceder ao ouro final, un metal que malia súa xuventude xa leva consquistado en catro ocasións.

Xadrez Ourense

Dentro desta categoría Sub-16 tamén hai que salientar as boas actuacións de Mateo Díaz (Xadrez Ourense) e de César Pérez (Universitario de Ourense), que destacaron entre os 73 participantes desta categoría Cadete.

En categoría Sénior hai que salientar o excelente torneo realizado por David Gómez, con victoria ante Ibrahim Khamrakhulov incluida, e que tras marchar líder, únicamente cedeu na última rolda ante o Santiagués Fernando Sánchez, e veuse relegado ao 4º lugar dunha moi igualada edición 2018.

Xa dentro da categoría Sub-12 hai que facer mención ao excelente torneo realizado por Tristán Alonso (Xadrez Verín), que con 6.5 puntos, rematou no cuarto lugar, empatado a puntos cos tres medallistas, e únicamente veuse privado de metal por o sistema de desempate, nunha igualadísima competición Alevín na que ata os 5 primeiros clasificados, dos 85 Alevíns participantes, acadaron 6.5 puntos. Tamén hai que salientar as boas actuacións, nesta categoría, de Alejandro Garrido e de Xoaquín López, ambos compañeiros no Club Xadrez Benchoshey, de Pereiro de Aguiar.

Nas categorías dos máis cativos, Sub-10 e Sub-8, hai que facerse eco das meritorias actuacións de Pura Diéguez e Manuel López do Xadrez Benchoshey e de Sabela Conde (Xadrez Ourense), que remataron con 5 puntos dos 8 en liza, e tamén das actuacións completadas en Sub-8 por Hugo Menor (Benchoshey), Mateo Martínez (Benchosey) e Aitor Gutiérrez (Xadrez Ourense), todos eles entre os 10 primeiros de entre os case 50 participantes nesta categoría.

Mención especial entre os Clubs Ourensáns participantes, merecen as amplas participacións dos Clubs Xadrez Benchoshey, con ata 23 deportistas desprazados, e a do Club Deportivo Xadrez Ourense, que tras 15 anos de historia, consolídase como claro referente entre os clubs de Galicia, nesta edición 2018 a entidade ourensana tomou parte con ata 42 xadrecistas, (que sumados aos 8 que xa viaxaron a Ferrol o pasado mes de Febreiro) completan un total de 50 participacións nos Campionatos Galegos 2018, situándose como 1º referente autonómico a nivel de Clubs en participación, e tamén despuntando no número de metais logrados con un total de 4 medallistas: os dous mencionados nesta cita padronesa e os dous bronces logrados en Ferrol, o pasado mes de Febreiro, dentro da categoría Sub-14 por Marcos Vázquez e Laura Gómez, respectivamente.

Noticias relacionadas