Ajedrez Destacado Es noticia 

Martín Gómez Carreño mantense na élite nacional, tras os Nacionaisde xadrez en Granada

O Ourensán empatou ao 3º posto dentro da categoría Sub-16, sendo todavía de idade “Sub-15”.

Martín Gómez Carreño mantense na élite nacional, tras os Nacionais de Granada – 2018

Un ano máis, o xoven Martín Gómez Carreño, (Ourense, 12 de Xaneiro de 2003), voltou a exercer de máximo embaixador do Xadrez Provincial nos Campeonatos de España por categorías disputados en Salebreña (Granada), ao longo do mes de Xullo.

O Xoven deportista do Club Xadrez Ourense, de 15 anos de idade, obtivo un excelente 6º lugar de entre os máis de 150 participantes de todo o país, (empatado a puntos co 3º posto), unha excelente c alificación neste Campionato de España Sub-16 de 2018 no que hai que subraiar o dato de que Martín ven de ser o 3º de España si considerásemos a categoría “Sub-15” (nados en 2003), un posto que xa conquistou o pasado ano, e polo que recibiu o bronce nacional.

Con 7 puntos dos 9 posibles e unha sola derrota, Martín Gómez Carreño reúne a puntuación necesaria para a súa participación no campionato mundial de (Halkidiki), en Grecial, que se disputará o vindeiro Outubro e, unha sede onde xa estivo hai dúas tempadas, sen esquecernos da súa presenza no Europeo de Rumanía o pasado ano 2017.

Martín tamén tomou parte na modalidade de rápidas, onte obtivo 5.5 puntos.

Categoría Sub14

Dentro da categoría Sub-14, e na modalidade de xadrez clásico, destacou a moi positiva actuación de Marcos Vázquez Gómez (Xadrez Ourense), que con 5 puntos obtidos, acadou unha subida de ránking de 47 puntos, empatando no posto 59º de entre 197 xadrecistas. Pola súa parte os seus compañeiros de Club, Adrián Vázquez Velasco con 4.5 puntos, Xacobe Conde Riveiro con 4 e Laura Gómez Carreño, (a menor da saga dos Gómez Carreño), con 2 victorías, completaron a presenza ourensana nesta edición 2018 dos nacionais individuais Sub-14.

Tamén en Sub-14, pero xa dentro da modalidade de rápidas, o máis destacado foi Xacobe Conde con 5 puntos, que pese a estar en idade todavía “sub-13”, xa deu varios disgustos a rivais con máis experiencia, completaron a presenza do Club Xadrez Ourense nesta modalidade, Laura Gómez e Marcos Vázquez con 4 e 3.5 puntos, respectivamente.

Categoría Sub12

En Categoría Sub-12 hai que citar as actuacións de Tristán Alonso (Xadrez Verín), dos irmáns Benjamín e Pura Diéguez, así como de Alejandro Garrido Masid, (todos eles do Xadrez Benchoshey), que conquistarón 4 dos nove puntos en disputa. Na modalidade ráida, dentro da categoría Sub-12 o máis destacado foi Tristán Alonso do Xadrez Verín cuns meritorios 5 puntos.

Resto de categorías

No tocante ás categorías dos máis xóvenes e comenzando pola categoría Sub-10 hai que salientar os 4 puntos obtidos por Pura Diéguez (Xadrez Benchoshey), tanto na modalidade de xadrez clásico coma na de xadrez rápido, e xa en categoría Sub-8 cabe salientar a presenza dos xovencísimos Escarlata Alonso (Xadrez Verín) e de Hugo Menor (Club Xadrez Benchoshey), que acadaron 4 e 3.5 puntos respectivamente dos 9 en litixio, obtendo respectivamente uns meritorios 75º e 81 º posto.

Un ano máis, Club Deportivo Xadrez Ourense, posiciónase como Club de Galicia con maior número de participacións nos campionatos de España Individuais, xa que ás 9 concurrencias nas modalidades de xóvenes hai que unir todas as presenzas individuais coas que contará o Club dentro da categoría Sénior, tanto nas modalidades de Xadrez rápido, coma de xadrez relámpago e xadrez clásico, todas elos dentro da categoría Absoluta-Senior, nas que, e entre outros, o vixente campeón de España, Iván Salgado López e a actual bronce nacional Yudania Hernández tentarán, a finais do vindeiro Agosto, renovar os metais (Ouro e Bronce respectivamente), que obtiveron o pasado ano 2017, ambos  deportistas do Club Xadrez Ourense, foron tamén seleccionados para participar coa Selección Española nas vindeiras Olimpiadas de Batumi (Georgia), que darán comezo a finais do vindeiro Setembro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.