Ajedrez Es noticia 

Mais de 250 xadrecistas de Galicia e Portugal no “Ourense en Xaque 2017”

Club Xadrez Ourense, con 8 dos 25 pódios en litixio, entidade máis galardonada”

Masiva participación na 2ª edición do “Ourense en Xaque” con Expourense como sede

O Domingo 4 de Xuño tivo lugar en Expourense a segunda edición do torneo de xadrez “Ourense en Xaque”, proba puntuable pertencente ao Circuito Galego de promoción 2017, que congregou a 250 xóvenes xadrecistas chegados desde toda Galicia e norte de Portugal, convertíndose, ata o de agora e de longo, na proba máis participativa das 7 disputadas por toda a xeografía galega.

Este circuito galego de promoción 2017, prolongarase ata Novembro, e contará con cerca de 20 probas puntuables, estando a penúltima delas novamente programada para celebrarse en Expourense, a finais de Outubro.

Na xornada de onte o Club Deportivo Xadrez Ourense foi a entidade mái galardonada con ata 9 pódios dos 25 postos de honra conquistados polos 5 primeiros clasificados de cada unha das 5 categorías en litixio.

En categoría Sub-20 o vencedor foi Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense), que completou unha impecable actuación, con 7 puntos en 7 partidas.

Xa en dentro do tramo Sub-14 o vencedor resultou Mateo Díaz Gómez (Xadrez Ourense), nunha categoría na que os ourensáns realizarón unha auténtica exhibición, conquistando ata 4 dos 5 postos de honra.

En alevíns, (Sub-12), o campeón foi Luca Rey Chimera (Fontecarmoa de Vilagarcía), mentres que en Sub-10 o triunfo viaxou ata terras olívicas, de mans de Xavier Caudet Soto (Xadrez Galego).

Na categoría dos máis xóvenes, (sub-8), os prometedores prebenxamíns ourensáns tamén tiveron un especial protagonismo copando ata 3 dos 5 postos de privilexio, sin embargo o primeiro lugar viaxou ata Noia, a cargo de Iago Fernández Ramos, (Club Brétema).

A Escola de monitores e adestradores do Club Deportivo Xadrez Ourense está a realizar un traballo de achegamento de iniciación ao xadrez en 16 centros de ensino da capital e provincia, é por iso que non podemos considerar casualidade que as probas de xadrez para xóvenes, sexan, na nosa provincia un referente de elevada participación a nivel Autonómico.

Na parte final da ceremonia de Clausura, o Club Deportivo Xadrez Ourense, fixo entrega de tres placas de recoñicimento á traxectoria persoal e deportiva de Alejandro Cervigni, Federico Naso e Víctor López.

Noticias relacionadas