Ajedrez Es noticia 

Liceo de Ourense e Xadrez Celanova logran o ascenso de categoría

Xadrez Ourense “A” remata en 4º posto en División de honra e xogará o Campionato Nacional de Clubs

Liga Galega de Clubs de ajedrez

O sábado día 11 de Abril, rematou a liga galega de Clubs en todas as súas categorías, confirmándose esta tempada 2015 como un excelente ano para os clubs ourensanos máis representativos.

División de honra

Na división de Honra o Club Xadrez Ourense “A” despedía a liga derrotando a domicilio ao Kárpov de Pontevedra por 2.5 a 3.5, poñendo un broche de ouro a unha excelente campaña que levou aos ourensáns a rematar 4º na cada vez máis difícil e profesionalizada liga de División de Honra. O vindeiro mes de Agosto o Club Deportivo Xadrez Ourense tomará parte no Campionato de España de Clubs.

Primeira división

Na primeira división o Liceo de Ourense proclamouse campión do grupo “C” e acada o ascenso directo á división de Honra para a tempada 2016, co cual serán dous os conxuntos ourensáns que nos representen o vindeiro ano na máxima categoría. Os demais conxuntos ourensáns, Universitario de Ourense, Xadrez Ourense “B”, Xadrez Ourense “C”, Casa da Xuventude “A” e Peña Recreativa mantiveron sin problemas a categoría. Únicamente hai que lamentar o descenso do Club Xadrez Ateneo de Ourense.

Segunda división

Na segunda división o Club Xadrez Celanova acadou o ansiado ascenso á primeira división para a vindeira tempada tras derrotar con claridade na última xornada ao Altamira de Salceda de Caselas. Pola súa parte os demais conxuntos ourensáns mantiveron a categoría, ainda que non sin emoción. Voltarán a ser clubs de segunda o vindeiro ano o Xadrez Ourense “D”, o Loureiro de O Couto, o Xadrez Bande e o Universitario “B”, xunto co descendido de primeira, Ateneo de Ourense.

Terceira división

Do grupo surleste de terceira división o ascenso foi para o Benchoshey de Pereiro de Aguiar, que estará en segunda división o vindeiro ano.

Noticias relacionadas