Ajedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado protagonista en las I Xornadas Internacionais de Xadrez de Ourense

I Xornadas Internacionais de Xadrez de Ourense

A partir das 12:00 horas do venres 15 de Xuño arrancan estas primeiras xornadas internacionais de xadrez co vixente campión de España, o G.M. ourensán Iván Salgado López.

Esta actividade, promovida polo Club Deportivo Xadrez Ourense, coa estreita colaboración da Federación Galega de Xadrez e o impulso da Secretaría Xeral para o Deporte e do Consello Municipal de Deportes de Ourense, incluirá un diverso programa de actividades, entre os que destaca:

  • Conferencia “Campión de España, de Alevín a Senior” do Venres ás17:00
  • Exhibición de Simultáneas do Sábado ás 12:00
  • Match Internacional entre Galicia e Portugal programado para o Sábado ás 17:00 horas
  • Torneo de Blitz (3+2) con importantes premios, e no que xa está confirmada a participación do vixente campeón de España.

programa completo das xornadas

15 de Xuño

Venres

12.00 horas:   (Sede: Salón de actos “Casa do Chocolate” da Xunta de Galicia)

Posta en Marcha e presentación aos medios informativos das Xornadas, coa presenza de Iván Salgado, Marta Míguez (Secretaria Xeral para o Deporte), Mario Guede, (Concellerio de Deportes de Ourense), María Sol Díaz, (Delegada Provincial da Xunta de Galicia en Ourense), Jesús Vázquez (Alcalde de Ourense), Gaspar Pérez  (Presidente FEGAXA), Elías José González (Presidente do Club Xadrez Ourense), colaboradores, organización, e os 3 medallistas Nacionais Ourensáns da actualidade, (Yudania Hernández: Bronce Nacional feminino, Xacobe Conde: Prata nacional alevín e Martín Gómez: Bronce nacional Infantil )

17:00 horas:  (Sede: “La Molinera” do Concello de Ourense )

Conferencia do Campeón de España de Xadrez, Iván Salgado:

“A progresión dun deportista, Campeón de España desde Alevín a Senior”

Aproximadamente 50/55  prazas con invitación,  que incluirá dereito a preguntas dos asistentes, sinatura de autógrafos, fotos co campeón de España e finalmente un sorteo entre todos os asistentes a disputar unha partida de xadrez “relámpago” cronometrada, con Iván Salgado e un dos espectadores (Presenza da T.V. e medios gráficos)

16 de Xuño

Sábado

12.00 horas:  (Sede: “La Molinera” do Concello de Ourense)

Exhibición de Xadrez Simultáneo de Iván Salgado ante unha selección de 15 xadrecistas de Galicia experimentados. Tamén e paralelamente realizarán exhibición de xadrez simultáneo os outros 3 medallistas nacionais do Club XadrezOurens, (Yudania Hernández, Martín Gómez e Xacobe Conde). Será necesaria invitación.

Previsión de 60/ 70 participantes, (ademais de xuices, organización, asistentes, familiares, etc…)

17:00 horas:   (Sede:  Salón de actos “Casa do Chocolate” Xunta de Galicia)

Encontro Internacional: “Selección Galega vs. Selección de Portugal”

Encontro Internacional entre a Selección de Galicia (Comandada por Iván Salgado), ante a Selección de Portugal, xogaranse tres matches amistosos por modalidades (lenta, rápida e relámpago). Ambos conxuntos estarán compostos por 6 xadrecistas titulares en cada modalidade, e presentarán obrigatoriamente nas súas ringleiras a unha muller, a un xogador en idade xuvenil (Sub-18), e a un xogador en idade cadete (Sub-16).

(Con presentación e saque de Honra a cargo das autoridades presentes e soarán os Himnos de ambas selección)

*Ao longo da tarde realizaranse concursos e sorteáranse numerosos premios entre o público asistente, (entrada libre).

17 de Xuño
Domingo

11.00 horas:   (Sede: Sala de competicións de Xadrez de Barrocás)

“Torneo Individual de Xadrez relámpago de Exhibición”

(O torneo contará coa presenza do Campeón de España o G.M. Iván Salgado, tamén coa presenza dos compoñentes de ambas seleccións internacionais, cos 4 medallistas Nacionais do Club Xadrez Ourense, e coa presenza “en aberto” de un cupo que complete ata 50 xadrecistas por orde de inscrición).

Ver as bases completas do torneo, forma de inscrición e premios en www.xadrezourense.com (información previa no correo electrónico:   traxerxadrez@hotmail.com)

13:30 horas:   (Sede: Sala de competicións de Xadrez de Barrocás)

Entrega de premios aos gañadores do vistoso torneo de “Exhibición de Xadrez Relámpago”, e posterior Clausura das Xornadas Internacionais coa presenza dos destacada de Iván Salgado, dos representantes da Secretaria Xeral para o Deporte e do Concello de Ourense, entre outras autoridades e colaboradores.

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.