Ajedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado imponse no torneo de exhibición na clausura das Xornadas Internacionais

O Torneo de exhibición de xadrez relámpago do Domingo clasurou os 3 días de actividades

I Xornadas Internacionais co G.M. Iván Salgado “Campeón de España”

As primeiras xornadas internacionais de Xadrez con Iván Salgado, Grande Mestre Ourensán (1991) e vixente campión de España de xadrez absoluto, resultaron un éxito participativo ademais de incluir no seu programa varias actividades exclusivas e novidosas, como a exhibición de xadrez simultáneo dos 4 medallistas nacionais ante 60 adversarios, ou como o primeiro match oficial da Selección Galega, neste caso ante a selección portuguesa.

O venres 15 tiña lugar a presentación destas xornadas coa presenza de Marisol Díaz, (Delegada Provincial), Marta Míguez (Secretaría Xeral para o Deporte), Jesús Vázquez (Alcalde de Ourense), Mario Guede (Concelleiro de Deportes), Gaspar Pérez (Presidente da Federación Galega) e Elías González (Presidente do Club Xadrez Ourense).

Estas xornadas realizaronse baixo a organización do Club Deportivo Xadrez Ourense, coa colaboración da Federación Galega e co apoio do Consello Municipal de Deportes e da Secretaría Xeral para o Deporte.

O Venres ás 17.00 horas tivo lugar a charla conferencia de Iván Salgado “Progresión dun campión de España desde Alevín a Senior”, celebrada no edificio de La Molinera, e cun auditorio repleto, nun acto que se prolongou ata as 19.00 horas, e rematado cunha espectacular partida de exhibición do campeón de España ante un espectador do público.

Na Matinal do sábado chegaba un dos pratos fortes destas xornadas, Os 4 medallistas Nacionais de Ourense, Iván Salgado (Campeón de España), Yudania Hernández, (Bronce nacional feminino), Martín Gómez (Bronce nacional Infantil) e Xacobe Conde (Prata nacional Alevín), enfrentábanse nos salóns de la Molinera a 60 xadrecistas simultáneamente nunha actividade realmente chamativa e expectacular, onde se viviron escenas realmente fermosas, ao ver a campións de España correndo literamente entre as mesas para poder evitar que o tempo de cada un dos seus 15 cronómetros se esgotase.

Finalmente Iván Salgado venceu en todas as súas partidas excepto en tres delas que remataron en táboas, o mesmo que Yudania Hernández que contou todas as súas partidas por victorias agás dúas que remataron en táboas, e hai que facer gran mención ao esforzo dos máis xóvenes Martín Gómez e Xacobe Conde que conseguiron vencer en todas as súas partidas, soberbios.

O Match internacional entre a selección galega e a selección portuguesa tivo lugar na tarde do sábado, desde as 17.00 horas no salón de actos do edificio da Xunta de Galicia, (Casa do Chocolate), unha proba moi intensa dividida en tres partes, no primeiro dos matches Galicia e Portugal empataron 3-3, caendo do lado Luso a segunda proba por un apretado 3.5 a 2.5, e volvendo a resultar empatada a terceira proba, por 3-3, o que rematou coa victoria final dos visitantes por 8.5 a 9.5, proclamándose vencedores deste primeiro internacional encontro da Selección Galega .

Na Matinal do Domingo tivo lugar unha das máis vistosas actividades do programa, coa celebración na sala de competicións de Barrocás, do torneo de xadrez relámpago , no que participaron grandes xadrecistas, entre eles o anfitrión e campeón de España, Iván Salgado.

O triunfo final foir para o gran Favorito, Iván Salgado, seguido do Mestre Internacional Portugués, David Pires, e o bronce foi para o Mestre Internacional Vigués, Manuel Pena, (recén chegado de Hong-khong para este evento).

Xa en categoría Sub-16 resultou vencedor o Vigués Rubén Fernández López e en categoría Sub-12 o vencedor foi Tiago Barbosa.

Iván Salgado recibiu o premio de vencedor da Secretaria Xeral para o Deporte e do Alcalde de Ourense.

Noticias relacionadas