Ivan Salgado Elias Foto Nacho RegoAjedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado culmina as II Xornadas Internacionais vencendo no torneo de exhibición

Máis de 200 xadrecistas e interesados, participaron das diferentes actividades programadas

O Gran Mestre, 7 veces campión de España, Iván Salgado López (Ourense, 1991), puxo broche de ouro á segunda edición das xornadas internacionais que levan o seu nome, vencendo no torneo de “Xadrez Relámpago” que tivo lugar na matinal do Domingo en Expourense, Iván otivo 8 puntos dos 9 en litixio (7 victorias e 2 empates), rematando por diante, entre outros, do Gran Mestre Búlgaro Vladimir Pétkov ou do Mestre Internacional Portugués André Miguel Do Vale.

Ivan Salgado Elias Foto Nacho Rego

Pero o torneo de Xadrez Relámpago que congregou a cerca de medio centenar de xadrecistas de gran calidade, (prácticamente todos con ránking internacional), foi solamente unha das múltiples actividades que tiveron a Iván Salgado como Protagonista nestas segundas Xornadas Internacionais co campión.

O Venres día 21 tivo lugar unha moi interesante e concurrida conferencia, (no Salón de Actos da Casa do Chocolate), na que Iván compartiu co público os segredos de múltples aspectos técnicos, deportivos e psicolóxicos dos seus enfrontamentos ante os mellores xadrecistas do mundo nos últimos dez anos, includo o vixente nº1 mundial, o Noruego Magnus Carlsen, ao que se enfrentou xa en varias ocasións.

Ivan Salgado Elias Foto Nacho Rego

Na xornada do Sábado, Iván Salgado, comandou á Selección Ourensana ante un combinado internacional de xogadores procedentes de España, Portugal e Venezuela, finalmente e por un apretado 16.5 a 13.5 o combinado Ourensán logrou un meritorio triunfo, o equipo local, con 10 xogadores, estivo composto por 4 séniors (homes e mulleres), Un xuvenil, un cadete, un infantil, un alevín, un benxamín e un prebenxamín (sub-8), ao igual que combinado visitante, todo isto ante a presenza de numero público asistente ao longo de toda a mañá do día 22.

Xa na tarde do Sábado e co permiso da chuvia, a céntrica praza de San Antonio foi escenario do “Reto Olímpico”, no que os Olímpicos Salgado e André Ventura, (Mestre Internacional olímpico luso), voaron literalmente entre os taboleiros, para tentar superar en menos de dúas horas a máis de 70 adversarios que contaban con 25 minutos nos seus cronos, mentres que os Mestres únicamente dispuñan dunha media por taboleiro de 2 minutos para completar todos os movimentos.

Como broche final, o mencionado torneo de exhibición disputado na mañá do Domingo día 23 en Expourense, no que Iván Salgado foi o vencedor Sénior con 8 puntos sobre 9 posibles, seguido de Vladimir Pétkov (BUL) e de Xabier Gómez. En categoría Sub16 resultou vencedor Marcos Reza Salgado, mentres que en categoría Sub12 o triunfo foi para Jorge Cid Álvarez.

Tal e como Iván apuntou xa na presentación do evento aos medios, que tivo lugar o Venres día 21 coa asistencia de múltiples representantes dos organismos colaboradores, Xunta de Galicia e Concello de Ourense, “desde xa, traballarei xunto co meu Club, o Xadrez Ourense, para mellorar ainda máis a calidade das III Xornadas Internacionais para 2020”.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.