Ivan Salgado Elias DominguezAjedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado convocado no quinteto Nacional para a Eurocopa de Nacións de Xeorxia

O G.M. do Club Xadrez Ourense, Iván Salgado López, (Ourense 1991), foi seleccionado esta semana por o seleccionador nacional, o catalán Jordi Magem Badals, como compoñente do quinteto nacional español que viaxará a Batumi (Xeorxia) para tomar parte na Eurocopa de Nacións que terá lugar entre o 23 de Outubro e o 3 de Novembro, representando a España.

Ivan Salgado Elias Dominguez

O equipo español estará composto por cinco xadrecistas de recoñecido prestixio e traxectoria no noso país, como son o actual nº 1 do xadrez nacional, o balear Paco Vallejo, o madrileño David  Antón, o Letón de nacemento e nacionalizado español Alexei Shírov, o extremeño Manuel Candelario e o ourensán Iván Salgado, todos eles Grandes Mestres.

Iván acaba de rematar unha positiva actuación no Iberoamericano individual o pasado domingo día 18, competición na que non coñeceu a derrota nas 9 partidas disputadas e na que rematou empatado ao 5º posto de entre 103 participantes de 17 países.

Antes da Liga nacional de Clubs de 1ª División que dará comenzo o luns día 26 en Linares, e na que por primeira vez na historia teremos a un conxunto ourensán (tamén máximo representante de Galicia a nivel nacional),  Iván Salgado disputará en Linares os campionatos de España  das espectaculares modalidades de “xadrez relámpago” e xadrez rápido, os días 23 e 24.   Nestas modalidades teremos máis representación dos xadrecistas dos clubs ourensáns xa que tamén tomarán parte a compañeira de equipo de Iván no Xadrez Ourense, Yudania Hernández, e tamén a recente incorporación do Club Xadrez Verín, o Gran Mestre, David Lariño.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.