Ivan Salgado AjedrezAjedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado completou unha positiva actuación no Europeo de Seleccións

España foi a decimoterceira clasificada no Europeo de nacións desputado en Grecia

Entre o 28 de Outubro e o 6 de Novembro tivo lugar en Grecia o Campeonato de Europa de Seleccións Nacionais, no que, unha vez máis, e como integrante da Selección Española estivo o ourensán e actual campeón de España Individual, o G.M. Iván Salgado López, que con 26 anos de idade xa leva 10 anos militando, ininterrumpidamente no quinteto nacional.

Dito quinteto nacional estivo composto esta vez por o G.M. madrileño David Antón, o mencionado Iván Salgado, o Catalán Josep Manuel López, o hispano-ruso Oleg Korneev e o Murciano Carlos Ibarra, coa salientable baixa do balear Paco Vallejo, actual nº 1 do panorama nacional por ránking internacional.

Dese xeito o xoven Grande Mestre do Club Xadrez Ourense, debía de asumir o exixente 2º taboleiro, (xogan 4 titulares e 1 suplente por cada unha das 9 xornadas), todo isto nunha coplicada e moi potente competición continental, na que Iván Salgado mantivo unha actuación moi regular e na que rematou con score persoal positivo, malia a súa derrota da derradeira rolda ante o G.M. rumano Emilian Parligras.

Cabe salientar, ademáis das 2 victorias parciais obtidas por Iván ante fortes rivais, algúns empates obitods polo ourensán ante xadrecistas de élite mundial, como o exsubcampeón mundial, o británico Nigel Short ou como ante o “Top-10” Mundial, o G.M. Azerbaixano Teimur Radjabov.

Finalmente foron os países favoritos os que ocuparon o pódio final, con victoria de Azerbaján, seguido de Rusia , prata e de Ucrania que completou o podio e obtivo o bronce.

A clasificación da selección Española, que rematou decimoterceira, pode catalogarse de positiva, xa que partía co número 15 do ránking inicial dos 40 países participantes.

XadrezOurense.com

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: