Ajedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado Campión de España de Xadrez 2017

Con este triunfo o Club Deportivo Xadrez Ourense suma  o seu cuarto metal nacional individual en 2017

Iván Salgado Campión de España de Xadrez 2017

Iván Salgado obtén o seu séptimo título nacional individual e a súa segunda coroa  en categoría absoluta, tras 9 días de apaixoante competición en Las Palmas de Gran Canaria.

O sábado día 7 de Outubro chegábase á derradeira rolda, e tras máis de 5 horas de intensa batalla, Iván superaba con pezas negras ao Grande Mestre Andaluz José Cuenca “Pepe”, nunha fermosa partida que millerios de aficionados puderon seguir grazas á súa retransmisión en directo a través de plataforma dixital.

Outros dos máximos favoritos, e nº 1 de ránking da competición, o Grande Mestre madrileño David Antón Guijarro non pasou do empate na súa última derradeira oportunidade ante o aragonés Daniel Forcén e dese xeito o xadrecista ourensán, que partía co nº 2 de ránking inicial, de entre os máis de 150 participantes, pudo superar ao ata entón líder, David Antón.

David Gómez completou a presenza ourensán na cita insular nacional

Hai que destacar que o tamén ourensán David Gómez realizou unha meritoria actuación, anque na última partida, na que tivo serias opcións, caeu finalmente derrotado ante a varias veces campiona de España, a Grande Mestra canaria, Sabrina Vega, o que relegou a David a postos máis discretos, pese a iso, as sensacións que deu o xoven ourensán tamén foron moi positivas nesta experiencia nacional sénior.

Pola súa parte, Iván Salgado, cun impresionante currículum deportivo, (entre outros éxitos, subcampeón do mundo Sub-18 en 2009 e campeón iberoamericano en 2012 en Quito, e varias veces campeón de España en diferentes categorías), está actualmente afincado en Sofía, (Bulgaria), pese a iso viaxa con frecuencia a España para participar en diversas competicións e adestramentos, e segue a ser membro da selección Española, coa que é internacional e olímpico dende hai unha década. Recentemente, nos mes de Setembro, Iván, ven de asinar compromiso federativo co Clube no que milita dende hai anos o seu irmán Óscar Salgado, o Club Deportivo Xadrez Ourense.

Deste xeito, Club Deportivo Xadrez Ourense, suma  o seu cuarto metal nacional individual en 2017, conquistado polos seus xadrecistas recentemente, hai que lembrar o recentemente conquistado por Yudania Hernández (Bronce nacional feminino en Linares, Agosto de 2017), Martín Gómez, (bronce nacional Sub-14 conquistado en Xullo de 2017 en Granada) e a prata obtida por Xacobe Conde na categoría sub-12 (Granda, xullo de 2017).

A entidade ourensana, fundada en 2003,  instalase deste xeito como clube de referencia a nivel nacional, rubricando un ano de múltiples éxitos deportivos a nivel individual nos Campionatos de España individuais 2017.

Crónica: xadrezourense.com

Noticias relacionadas