Xadrez.Ourense.A.vs.Sanxenxo.InterríasAjedrez Destacado Es noticia 

Importante victoria de Xadrez Ourense en Vilagarcía que vale a terceira praza na División de Honra

Meritorio empate de O Liceo de Ourense en Tui ante o Xadrez Galego por 3 a 3

Xadrez Ourense “A” sitúase no 3º posto, tras superar a domicilio ao potente Sanxenxo “Inter-rías”

O sábado 14 de Abril tivo lugar a 9ª xornada da Liga Galega de Clubs en todas as súas categorías, unha competición que se leva disputando desde Xaneiro e que reúne a máis de 1000 xadrecistas cada sábado, representantes de máis de 200 conxuntos pertencentes a 90 Clubs.

División de honra

Entrando xa na recta final de Liga, que rematará o vindeiro 28 de Abril, hai que facerse eco dos positivos resultados dos conxuntos ourensáns na máxima categoría. Pola súa parte o Xadrez Ourense “A” lograba unha importante victoria a domicilio en Vilagarcía por 2.5 a 3.5, un resultado que lles permite aos ourensáns situarse  provisionalmente terceiros, posto que da pasaporte directo ao Campeonato de España de Clubs, a disputarse o vindeiro mes de Agosto en Linares (Jaén), polos ourensanistas sumaban victorias Luis Silva e David Gómez, mentres que Zenón Franco, Adrián Gómez e o xoven Gabriel Roma que debutaba este ano en División de Honra, lograban respectivos empates.

Xadrez.Ourense.A.vs.Sanxenxo.Interrías

Por outra banca o Liceo de Ourense acdaba un meritorio empate a 3 en Tui ante un dos conxuntos máis reforzados da Liga, o Xadrez Galego, malia este resultado os Liceistas seguen en situación de descenso e deberán “sprintar” nas dúas últimas xornadas para tentar fuxir da zona perigosa. Para o Casilleiro liceísta sumaban táboas Arián Gonzáleze e Marcos Lorenzo e victorias Joaquín Bello e Armando de Sousa.

Primeira división

Na primeira División, os catro conxuntos ourensáns seguen en zona cómoda, no derbi provincial o Xadrez Verín “A” sumaba unha importante victoria por 3.5 a 0.5 ante o Xadrez Ourense “C”, mentres que o Universitario de Ourense empataba en Vigo ante o Bouzas (2-2). Pola súa parte o Xadrez Ourense “B” superaba a domicilio ao Laroca de Nigrán por 1.5 a 2.5.

Segunda división

Xa na Segunda División grupo surleste que, malia súa primeira derrota en Liga, segue a liderar o Xadrez Benchoshey de Pereiro de Aguiar, estos foron os resultados que atinxen aos conxuntos da provincia:

  • Ateneo de Ourense vs. A.P. de Bande 5 – 0.5,
  • Xadrez Valdeorras vs. Xadrez Ourense “E” 2-2,
  • Benchoshey Sénior vs. Universitario de Ourense “B” 1.5 – 2.5,
  • Xadrez Lalín vs. Xadrez Celanova 1.5 a 2.5,
  • Xadrez Verín “B”   Xadrez Ourense “D” 2.5 a 1.5.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.