Ajedrez Festa da Historia 2017Ajedrez Es noticia 

II Torneo de Xadrez “Festa da Istoria 2017”

O Sábado 30 de Setembro terá lugar en Ribadavia a 2ª edición do Aberto de Xadrez “Festa da Istoria 2017” na igrexa da Madalena.

II Torneo de Xadrez “Festa da Istoria 2017”

O Sábado 30 de Setembro terá lugar en Ribadavia a 2ª edición do Aberto de Xadrez “Festa da Istoria 2017”, baixo a organización da coordinadora da festa da Istoria de Ribadavia e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense.

O evento terá o seu escenario no exclusivo marco da Igrexa da Madalena, e estará dirixido as categorías Sénior (1998 e anteriores), Xuvenil (1999-2002) e Infantil (2003 e 2004).

Repartiranse numerosos premios, ademáis dos trofeos previstos para os 5 mellor clasificados de cada unha das tres categorías en litixio, disporá tamén de obsequios conmemorativos para todos os participantes, ademais a organización sorteará importantes premios e regalos entre os todos os xadrecistas, (estancias en casas e hoteis rurais, circuitos termais, material deportivo, vales por ceas e xantares para 2 persoas, material escolar, estuches de D.O. Ribeiro, etc…)

Na páxina web www.xadrezourense.com poderase ampliar a información sobre este torneo.

Ajedrez Festa da Historia 2017

Noticias relacionadas