Ourense en Xaque Ajedrez ExpourenseAjedrez Es noticia 

II Torneo “Ourense en Xaque” o 4 de xuño en Expourense

O vindeiro Domingo día 4, cerca de 300 xóvenes daranse cita en Expourense

II Edición do Torneo de fin de curso “Ourense en Xaque” – 2017

Club Deportivo Xadrez Ourense en colaboración con Expourense organiza a segunda edición desta multitudinaria proba de xadrez para xóvenes que acollerá, o vindeiro Domingo día 4 de Xuño, a cerca de 300 escolares e federados de toda a nosa Provincia, resto de Galicia e incluso norte de Portugal, como ven sendo habitual nos últimos eventos celebrados no recinto de ferias e exposición de Ourense.

Club Xadrez Ourense a través da súa Escola, achega semanalmente e durante todo o curso 2016-17, varios monitores titulados (todos eles con titulación en vigor certificada pola FEDA e pola FIDE), a un total de 16 centros de ensino de Ourense e Provincia, ademais de a varios Concellos da nosa xeografía, polo que este certame de fin de curso organizado pola nosa Escola de Xadrez, fai presuponer unha moi elevada participación e agárdase con moita ilusión por todos os nosos xóvenes xadrecistas, os nosos monitores e o equipo de organización.

Noticias relacionadas